Apoio directo para o medio rural

Dende a Deputación, malia que non temos competencias en medio rural, xa que esta é unha cuestión que lle atinxe á Xunta de Galicia, sempre defendemos que o campo ten que estar presente na axenda diaria de todas as administracións.

Por Lara Méndez | Lugo | 23/02/2011

Comparte esta noticia

Por iso, dende o INLUDES aprobamos un novo plan de axudas co melloraremos o calidade de vida no rural e impulsaremos o sector primario.

Fronte a isto, o Presidente do goberno autonómico  so fai ampararse na falsa austeridade para deixar de facer cousas. Ós feitos e ás cifras me remito: o  medio rural perdeu este ano 136 millóns de euros. Trátase dos fondos europeos do Programa de Desenvolvemento Rural que destina a Consellería para melloras produtivas, infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida no campo e impidan o despoboamento. Neste caso, a Xunta negouse a investir 23 millóns de euros que debía aportar con fondos propios e isto tivo unha consecuencia: que os gandeiros e agricultores teñan bloqueadas unhas axudas para 2011 valoradas en 136 millóns de euros.

Se a isto lle engadimos que a Xunta recortou nun 21% o presuposto da Consellería vemos que apenas en 2 anos Feijóo está acabando totalmente co rural. Para paliar esta situación, na Deputación impulsamos este plan de axudas que non ten precedentes na provincia e do que se poderán beneficiarse calquera asociación de veciños, e agrupacións de gandeiros de 3 persoas como mínimo. Poderán facer a súa solicitude ata o 8 de marzo.

Deste xeito, conseguiremos mellorar a calidade de vida no medio rural e facer máis competitivas as explotacións gandeiras. Precisamente, para facer que estas sexan máis rendibles, estas axudas destinaranse ó acondicionamento dos accesos ás explotacións, á mellora saneamento dos núcleos rurais, dotándoos de equipamento e servizos básicos que ata o de agora non dispoñían deles como a construción de bebedoiros para animais ou a instalación de sumidoiros onde non hai nestes momentos, etc.

Ademais, tamén frearemos o despoboamento poboacional, xa que se conseguimos que os cidadáns teñan máis servizos, estamos asegurando o relevo xeracional das explotacións e que os mozos da provincia non abandonen o rural. Asimesmo, crearemos novos postos de traballo. Detrás de cada obra que executaremos con estas axudas que aprobamos onte vai haber unha nómina. Realizaranse unhas 100, nas que como mínimo traballarán 300 persoas.

En definitiva, a Deputación non está para competir cos gandeiros senón para axudarlles a ser máis competitivos e evitar que cada vez máis xente marche do rural. Senón fose pola Deputación habería máis paro na provincia e o rural quedaría totalmente desamparado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lara Méndez Ocupa o cargo de Vicepresidenta Segunda da Deputación provincial luguesa dende o 14 de xullo de 2007. Foi Secretaria das Xuventudes Socialistas de Cervo e concelleira do Partido Socialista no concello mariñano. Secretaria da Organización Comarcal da Mariña e membro da Executiva Nacional Galega do Partido Socialista, forma parte ademais da Directiva da Asociación de Mulleres Rurais. É técnico medioambiental.