Feijóo, un espermatozoide do que hai que protexerse

A nova campaña de Xuventudes Socialistas presenta ao presidente galego caracterizado cun espermatozoide tras a polémica pola “marcha atrás” como método anticonceptivo defendida polo Sergas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/04/2018 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

"Protéxete contra a dereita". Esa é a nova campaña que vai poñer en marcha Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) con motivo da polémica do folleto sobre métodos anticonceptivos do Sergas no que se defendía a “marcha atrás” como un método anticonceptivo. E o protagonista da mesma é o presidente da Xunta.

Feijóo caracterizado como un espermatozoide nunha campaña de Xuventudes Socialistas
Feijóo caracterizado como un espermatozoide nunha campaña de Xuventudes Socialistas

Alberto Núñez Feijóo aparece caracterizado como un espermatozoide sobre o lema “Se non queres outro igual, protéxete contra a dereita”. Tras a polémica, XSG saíron ao paso e ironizaron con que o PP "debería buscar outros métodos para resolver a crise demográfica" de Galicia "sen enganar á cidadanía e pór en risco a súa saúde".

E todo por un folleto informativo colgado na páxina web do Servizo Galego de Saúde que incluía a 'marcha atrás' ou 'coito interrompido' como método anticonceptivo. O catálogo, datado en abril 2010, podía consultarse no portal do Sergas dentro do apartado de 'Métodos Anticonceptivos' baixo o nome 'O método anticonceptivos. Folleto xeral'.

Nel figuraba o 'coito interrompido' ou 'marcha atrás' como método para evitar embarazos cunha eficacia "do 73 ao 96%", aínda que aclara que non protexe de contraer unha enfermidade de transmisión sexual (ETS).

RECTIFICACIÓN

A Consellería de Sanidade tentou defender a campaña apuntando que son expertos xinecólogos" os que "inclúen" os métodos anticonceptivos no que define como unha "guía descritiva" publicada "por primeira vez en 2008" co goberno bipartito "cos socialistas" no departamento autonómico sanitario, e actualizada en 2010 co PP na Xunta. Con todo, e tras a forte polémica xerada o Sergas baralla rectificar xa esta campaña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta