Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/04/2018 | Actualizada ás 12:14
“Texto en revisión”. Isto é o que se encontra agora un usuario que entre na web do Sergas para revisar os métodos anticonceptivos que recomendo. Unha decisión que adopta logo da presión dos grupos da oposición e determinados colectivos que criticaron duramente á Xunta por defender a “marcha atrás” ou “coito interrompido” como como un xeito válido para evitar os embarazos.
Antes da súa retirada, nese folleto podíase ler "Coito interrompido (Marcha atrás): Eficacia: 73 ao 96%. Consiste en retirar o pene da vaxina antes da exaculación, que non debe producirse cerca da vulva. A eficacia anticonceptiva depende de se se emprega correcta e sistematicamente. Non protexe de ITS [infeccións de transmisión sexual]".
O folleto podía ser consultado e descargado desde a páxina web do Sergas, onde se mantén a versión de abril de 2010 deste folleto, pero tamén circula en formato impreso a edición de novembro de 2015, que tamén contén a coñecida como marcha atrás como método anticonceptivo eficaz.
DEFENSA DESDE SANIDADE
A Consellería de Sanidade explicaba este luns que "son expertos xinecólogos" os que "inclúen" os métodos anticonceptivos no que define como unha "guía descritiva" publicada "por primeira vez en 2008" co goberno bipartito "cos socialistas" no departamento autonómico sanitario, e actualizada en 2010 co PP na Xunta, que inclúe a 'marcha atrás'.
Así o manifestaba o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, en relación a un folleto que a oposición pide a súa retirada por incluír a 'marcha atrás' como método anticonceptivo. Tamén o voceiro do PP, Pedro Puy, manifestouse a favor da súa retirada. Xuventudes Socialistas utilizou esta polémica para iniciar unha campaña contra o Partido Popular caracterizando a Feijóo como un espermatozoide.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.