Caballero súmase á celebración da Revolución dos Cravos de Portugal

Será recibido polo presidente da Cámara Municipal de Chaves, Nuno Vaz.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/04/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, desprazarase este mércores a Portugal para participar nos actos conmemorativos do XLIV aniversario da Revolución dos Cravos, convidado polo presidente da Cámara Municipal de Chaves, Nuno Vaz.

Un caravel, símbolo da revolución portuguesa
Un caravel, símbolo da revolución portuguesa

Deste xeito, o líder dos socialistas galegos será recibido ás 12,00 horas (hora portuguesa) polo rexedor de Chaves na sede do concello, antes de asistir aos actos que terán lugar na Praza da República.

O PsdeG destaca que, con esta viaxe ao país veciño, Gonzalo Caballero desenvolverá a súa axenda política fóra de Galicia o día da Revolución dos Cravos e afondará nas relacións entre dirixentes socialistas a ambos lados da Raia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta