A Xunta proporá volver conxelar as taxas universitarias e baixar o prezo dos másteres habilitantes

O PSdeG pide "democratizar o acceso e ampliar a oferta" destes estudos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este mércores que proporá que, no próximo curso, se volvan a conxelar as taxas universitarias "por sétimo ano consecutivo" e tamén baixar o prezo de másteres habilitantes --imprescindibles para exercer profesións como a de avogado ou profesor de Secundaria, entre outras-- até equiparalo co dos graos.

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en el pleno
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en el pleno

Feijóo ratificou que trasladará esta proposta as tres universidades galegas nunha sesión plenaria na que o socialista Xoaquín Fernández Leiceaga alertou do dano que o "escándalo Cifuentes" está a facer aos estudos de posgrao.

O portavoz parlamentario socialista reclamou a colaboración entre Xunta e universidade para "democratizar o acceso e ampliar a oferta" destes estudos cunha serie de propostas, entre elas a articulación dun sistema "complementario" de axudas" para cursar másteres; Feijóo replicou que "todo iso xa se está facendo" en "colaboración" coas universidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 PEPE DELINCUENTE

eiqui esta a cultura do pepeiro, roubo e mais roubo, dexeneración!!!! calandracos sinvergonzas, camándulas da delincuencia, escoura social, AMIGOS DO NARCO!!!! - https://www.youtube.com/watch?v=J-D...