Os emigrantes galegos na Arxentina denuncian as "corruptuelas do neofranquismo" que goberna en España

A Federación de Asociacións Galegas reivindica os valores republicanos no seu '87 Festival da República' e pide a liberdade dos "presos políticos" de Cataluña.

Por Galicia Confidencial | Bos Aires | 01/05/2018 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina (FAGRA) celebrou esta fin de semana a 87 edición do seu "Festival da República", un coidado espectáculo, cargado de mensaxes políticas, no que a historia, a poesía e o cancioneiro republicano formaron un ensamble perfecto para conmemorar a proclamación da II República española, reivindicar o III e lembrar aos grandes políticos galegos republicanos.

A pesar do intenso temporal de choivas e ventos que sufriu Buenos Aires esta fin de semana, non foron poucos os galegos que participaron nesta celebración que tamén foi unha homenaxe ao ex presidene desta entidade Francisco, "Paco", Lores, falecido o pasado setembro. "Estamos acá para lembrar que aqueles que nos sacaron o soño republicano hoxe seguen gobernando e son os mesmos que teñen máis de 900 imputados por corrupción", denunciou o presidente da Federación, Diego Martínez Duro.

"Eles son quen hoxe levan adiante os destinos de España e, ademais, veñen aquí á Arxentina a darnos clases ou leccións de como manexar un país", dixo ao engadir que España é hoxe "unha ditadura constitucional" cun goberno "neofranquista".

LIBERDADE "PRESOS POLÍTICOS"

Por iso, o titular da Federación pediu tamén na súa alocución liberdade para os presos políticos, cunha mención especial para os cataláns, e para os pobos de España, e asegurou que moitos dos dereitos ou peticións que hoxe ten a sociedade en España estaban contemplados no II República.

O acto contou coa presenza do escritor galego-arxentino Luís González Tosar, que criticou duramene a situación que vive o Centro Galego. O académico correspondente da Academia Arxentina de Letras mostrou a súa "tristeza" pola "desaparición case irreversible" dunha institución senlleira.

"É verdadeiramente penoso que máis de cinco mil galegos e galegas de todas as condicións sociais económicas e o propio pleno de Parlamento de Galicia teñan en Galicia unha actitude e en Buenos Aires outra. Isto é un demérito", sinalou González Tosar. "Temos que facer todo o que podamos desde Galicia e desde a Galicia ideal de Castelao para salvar ao Centro Galego de Buenos Aires", continuou antes de concluír a súa intervención co desexo de "saúde e República" para todos os presentes.

Protesta da Federación de Asociacións Galegas de Arxentina
Protesta da Federación de Asociacións Galegas de Arxentina | Fonte: FAGRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta