Un barrio vigués loita contra a especulación urbanística para evitar o exterminio de espazos verdes
En Navia van construídas 3.732 vivendas e unha nova modificación do plan urbanístico eleva o número de vivenda nova a construír a 1.180, case o dobre do previsto. Isto remataría cunha importante masa forestal, principalmente carballos, piñeiros, bidueiros e salgueiros.