Temas: LUGO EMPREGO

Descubre se foches algúns dos elixidos dos 4.200 presentados a 182 postos de traballo en Lugo

As empresas seleccionadas para a contratación terán un prazo de 5 días hábiles para realizar as contratacións.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 06/05/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Goberno da Deputación publicou este venres as puntuacións das 4.200 probas de selección realizadas para os 182 novos postos de traballo do Ben Empregado 4. As calificacións das entrevistas levadas a cabo polos máis de 1.300 lucenses no paro están publicadas en benempregado.deputacionlugo.org e no taboleiro de anuncios do Pazo de San Marcos.

A vindeira semana a Xunta de Goberno aprobará os 182 seleccionados para os postos de traballo, e a continuación, unha vez publicado o Anexo 2, as empresas terán un prazo de 5 días hábiles para realizar as contratacións.

Con esta última edición do Ben Empregado, que conta cun investimento provincial de 2,2 millóns de euros, o Executivo Provincial asegura nun comunicado que continúa "coa súa aposta decidida por xerar emprego de calidade", que blinde os dereitos dos traballadores, en empresas e colectivos lucenses que así o demandan. Inclúe axudas dun máximo de 22.000 euros, dirixidas a empresas e colectivos de toda a provincia, para a contratación, durante 1 ano, de novos traballadores cos que, ademais de facer fronte á taxa de paro, contribúese á actividade de autónomos, PEMES e asociacións lucenses.

Neste tipo de programas, o organismo provincial asume ao 100% os custes laborais de 19 traballadores con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral, ao 90% a contratación de 39 novos empregados en asociacións da provincia e o 50% de124 traballadores en xeral.

Darío Campos se reúne con trabajadores del 'Ben Empregado'
Darío Campos se reúne con trabajadores del 'Ben Empregado'

Temas: LUGO EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta