Os incendios xa arrasan Galicia outra vez: máis de 120 hectáreas calcinadas nun día

Un novo lume, con varios focos, calcinou este martes 45 hectáreas en San Xoán de Río (Ourense), ás que hai que sumar outras 78 nos incendios deste luns en Guntín (Lugo) e Vila de Cruces (Pontevedra).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2018 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

Un incendio forestal con varios focos queimou este martes unhas 45 hectáreas no municipio ourensán de San Xoán de Río. Segundo informou a Consellería do Medio Rural, este lume quedou controlado ás 16.49 horas deste martes após afectar a 24 hectáreas de arborado e 21 de superficie rasa.

Incendio en San Xoán de Río (Ourense)
Incendio en San Xoán de Río (Ourense) | Fonte: @BMarroxo.

Segundo os datos facilitados pola Consellería, este incendio comezou ás 13.33 horas na parroquia de Seoane de Argas e quedou estabilizado ás 15.45 horas, até ser finalmente controlado.

Para a súa extinción foron mobilizados tres axentes, 11 brigadas, catro motobombas e tres helicópteros, concretou o departamento de Medio Rural.

Este incendio súmase aos producidos este luns nos municipios de Vila de Cruces (Pontevedra) e Guntín (Lugo). Os dous incendios forestais rexistrados o luns pola tarde queimaron máis de 78 hectáreas.

Así, en apenas un só día xa se rexistraron tres grandes incendios en Galicia, cun balance de dunhas 123 hectáreas queimadas, cando nin sequera se puxo en marcha o plan contra incendios da Xunta.

Temas: INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 bocata de chourizo pepeiro

Naderias, xa estamos asustando, iso foi o ano pasado, polo furacancio, as medidas xa están todas dispostas, van multar os vecinos, os vellos, anda e ide votar o pepeiro, o chouriceiro, o pepe e moi chourizo, agora a xente ten que aforrar electricidade e que mellor xeito que freir as patacas e asar os chourizos no medio dos toxos e debaixo dos piñeiros... algún vai asar os cebollons queimado 20 o 30 hectáreas de broza, dos chamados toxos... QUE BONITO E ASAR OS CHOURIZOS NO MONTE... o que non e bonito e o que esta a pasar no tamega polo visto seica parece probable obra do ave e todo cheo de lama de entullos e porcalladas por dez quilómetros do río, incluso en verin xa non teñen auga potable... informe de verdade e menos lobos no das hectáreas queimadas, mais pensar na gastronomía do chourizo e menos no forestal...

1 Chuck Norris

I d i o t a