Centos de persoas reclaman en Galicia máis compromiso na loita contra a violencia machista

Centos de persoas participaron na tarde deste mércores en varias cidades de Galicia en manifestacións convocadas polo feminismo unitario para esixir unha maior dotación orzamentaria para loitar contra a violencia de xénero.

Por E.P. | VIGO | 16/05/2018 | Actualizada ás 21:01

Comparte esta noticia

Centos de persoas participaron na tarde deste mércores en varias cidades de Galicia en manifestacións convocadas polo feminismo unitario para esixir unha maior dotación orzamentaria para loitar contra a violencia de xénero.

Foto Manifestación Feminista Vigo
Foto Manifestación Feminista Vigo | Fonte: Europa Press

A mobilización foi convocada en distintas cidades de España e tamén en 13 localidades galegas, entre elas Vigo, onde participaron unhas 300 persoas. Alí portaron carteis nos que se puido ler "Compromiso = Orzamento" e "Mulleres armadas contra a súa manda".

En declaracións a Europa Press, as portavoces Puri Bernardez e Mercerdes Milar indicaron que con esta manifestación búscase denunciar "o recorte brutal" en 180 millóns de euros da partida destinada ao pacto de estado contra a violencia. "Xa 200 millóns eran escasos, co recorte queda en papel mollado", criticaron.

Así, lamentaron que se dificulta o asesoramento e a asistencia das mulleres, e que se redunda na súa victimización e culpabilización, así como no mantemento do sistema patriarcal que as relega "ao medo e a un papel secundario". "Sobran razóns para a proposta", selaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta