Feijóo carga contra Ciudadanos: “O seu único obxectivo é captar militantes do PP”

O presidente da Xunta confía en que o seu ex conselleiro Javier Guerra non acabe en C's porque, lembra, “leva 36 anos no PP”. “Non se entendería que marchara a unha copia do Partido Popular”, suliña.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 18/05/2018 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A posibilidade de que un dos ex conselleiros de Alberto Núñez Feijóo, Javier Guerra, ex titular de Industria, acabe en Ciudadanos provocou indignación e tensión dentro das filas do Partido Popular. Primeiro foron a líder do PP vigués, Elena Muñoz, e logo o vicepresidente da Xunta, Alfonso Guerra, os que apuntaron que considerarían unha “deslealdade” que quen foi un dos dirixentes do seu partido acabe na formación de Albert Rivera. E este venres foi o propio presidente galego o que atacou duramente a este partido: “O seu único obxectivo é captar militantes do PP”, dixo.

Feijóo e Javier Guerra cando o segundo tomou posesión da Consellería de Industria
Feijóo e Javier Guerra cando o segundo tomou posesión da Consellería de Industria | Fonte: xunta.gal

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo foi moi crítico coa formación de Rivera á que acusou de tentar convencer a dirixentes populares para as vindeiras citas electorais. “A min gústanme máis os orixinais que as copias”, ironizou.

E todo, o presidente galego descartou a posibilidade de que Guerra acabe en Ciudadanos. “A sensación que teño é que me sorprendería moito que abandone o PP para ir a Ciudadanos”, dixo. E para iso deu dúas razóns. A primeira ten que ver co tempo que leva no PP, 36 anos, “máis ca min”, dixo. “E xa foi parlamentario, deputado no Congreso, vicepresidente do PP de Vigo e conselleiro... Con esa traxectoria non creo que acabe en Cs”, indicou.

RAZÓNS PARA QUE GUERRA NON ABANDONE O PP

“A primeira razón é por coherencia política e biográfica”, dixo. E a segunda foi xa máis persoa. “Téñolle afecto e non se entendería no partido que marchara a Ciudadanos”, engadiu. Con todo, o líder do PP galego tamén recoñeceu que non falou con Guerra sobre esta cuestión e insistiu en que non cre que marche do Partido Popular. “Imaxinense que José Manuel Rey –presente tamén con el na rolda de prensa-- deixe o goberno para presentarse por Ciudadanos”, díxolle ás xornalistas.

En todo caso, tamén mandou un serio aviso a quen foi o seu ex conselleiro; “xa sabe como acaban todos os candidatos de Ciudanos á Xunta”, dixo con medio sorriso en alusión a última candidata que se presentou nas pasadas eleccións e non obtivo escano. “Eu a un amigo non lle desexo iso”, apuntou.

Cs DI QUE FOI GUERRA QUE FALOU CON ELES

Por outra banda, a portavoz de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao, asegurou que os contactos con Javier Guerra para a súa incorporación ao proxecto laranxa partiron do propio exconselleiro por unha cuestión de índole "persoal" coa dirección nacional do partido que acabou derivando en "conversacións políticas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 analisador

En moitos concellos nos que goberna a esquerda houbo un grupo de independentes, moitas veces escindido do PP que baixou a porcentaxe de voto do PP, acadando ou non representación e o resultado foi que a esquerda tivo en coalición o goberno municipal. Este mesmo efecto pode causar Ciudadanos a nivel urbano, periurbano ou vilego, menos no rural puro e duro. A orde é pasarse do PP a Ciudadanos e nunha porcentaxe de voto, un 5%? un 7.5%? nun 10%? así sucederá... O panorama político galego mudará porque o PP ten por primeira vez desde que Fraga unificase á dereita, competencia. Algo nunca visto desde primeiros dos 80 no país. E non son necesariamente malas novas para a esquerda en Galicia.

1 Fran Correa

Hai esquerda en Galiza? O sistémico PsoE non será? O Bloque perdeu o norte, tanto aplaude a Bildu ou a ERC como ao PNV de Iberdrola ou sos trincadores de Catalunya, amigos de Gayoso, Dorribo, Tojeiro, Lence, Jacinto ou Martínez Núñez son de esquerdas? E os pupilos dos 600.000 euros polo clalet na serra, das maleducadas deputadas, da neocasta... son esquerda? Non, na Galiza impera a dereita pura e dura!

4 analisador

Galicia sempre votou en clave española. Se o PSOE estaba de subida subía, se era o PP , pois tocaba PP. Agora toca ciudadanos e a nivel urbano sacará una porcentaxe significativa. No rural será máis difícil, pero se o PP xa non ten poder urbano en Galicia, nas próximas municipais vai ter menos. O que equivale a dicir que non soñe con recuperar as deputacións de Pontevedra ou A Coruña. A esquerda en Galicia sempre tivo en torno ó 50% do voto, pero fragmentado en varios partidos non acadaba o 50% da representación. Odio ós falangitos, pero que os votantes urbanos españolistas das ciudades galegas deixen o PP non ten que ser mala nova na práctica...

3 Escapado

Feijóo di e polo tanto admite que "Ciudadanos é unha copia do Partido Popular". Moi ben pailarocos! Seguide votando por calquera dos dous... tanto monta monta tanto.

2 sermos mantidos

Feixoó analfabeto mintiroso: o PP, agora e en diante Partido Podre, como organización mafiosa preparada para delinquir, foi fundado o 20 de xaneiro de 1989. Logo, triste figura, non hai ninguén con trinta anos de militancia (salvo que contes as orixes: no fascio aquí chamado franquismo). Es tan farsante como o Camorrista Dependentista da Complutense que odia ao Bloque de dereitas, xusto polo medo de repartir alimento. Samesugas da política, a chupar!

1 comunista independentista

Comeza o "Amio do Pp". Poden xuntarse cos seus vasalos do Bloque para superar o trauma psicolóxico en amor e compañía, que se leva mellor. XDDDDDDD

1 Comunista flautista

Sería raro que non defecaras. E despois falas dos trolls do bloco. Se a ti póñenche unha noticia de salsa rosa e xa sacas o do bloco. Cala dunha vez peideiro. Coprófago.

2 Bernal Calvo Delaciga

Defecar? Peideiro? Coprófago? Xesús! Qué agresivos se poñen os hooligans do BNG cando se lles toca o monopolio do troleo. (Coitados, é o único que lles queda).