Temas: INCENDIOS LUMES

O PP sobre as declaracións de Feijóo de que non limpa as leiras: "Tratou de concienciar á xente"

Puy ratifica que se traballa para que o ditame da comisión de política forestal e prevención de incendios estea listo este mes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2018 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, defendeu o labor e axudas activadas pola Xunta para contribuír na loita contra incendios, aínda que admitiu que só se poderá falar de "satisfacción" cando a "colaboración e responsabilidade de todos" -- Goberno galego, concellos e propietarios-- permitan que "todo estea en orde" e que baixen os lumes forestais e as súas consecuencias.

Pedro Puy, portavoz parlamentario del PPdeG
Pedro Puy, portavoz parlamentario del PPdeG | Fonte: Europa Press

De feito, preguntado en rolda de prensa polas declaracións do seu xefe de filas, Alberto Núñez Feijóo, quen o pasado venres puxo o foco nos propietarios ao afirmar que, na limpeza de leiras, había "un incumprimento do conxunto do país" empezando por el mesmo, Puy valorou que, con estas palabras, o presidente galego só pretendía "concienciar".

Acerca de se el ten as súas parcelas limpas, contestou que, segundo acredita a súa "declaración de bens", só é propietario "dunha única leira". Engadiu que tenta "cumprir a lei sempre", pero, sobre as críticas vertidas pola oposición cara a Feijóo, dixo que son "extemporáneas" dado que o prazo finaliza o 31 de maio.

En todo caso, matizou que o presidente "pedía un proceso de concienciación". "E creo que niso avanzamos, a xente que vive no rural está alerta e tentando cumprir as normas", esgrimiu, aínda que recoñeceu que aínda hai "moito propietario descoñecido" en cuxas leiras se terá que actuar despois do 31 de maio. "Declaracións como as de Feijóo seguro que contribúen a concienciar do importante de cumprir as normas", resumiu o parlamentario popular.

O DITAME LISTO ESTE MES

Na súa intervención, Puy tamén defendeu que o traballo da Administración autonómica é "máximo", aínda que quede por avanzar para que se poida falar de "satisfacción". Repasou varias medidas e convenios activados cos concellos para contribuír a financiar os labores de limpeza, entre outras cuestións.

Por outra banda, sobre o adianto a finais da maio da obrigación da limpeza forestal, esgrimiu en que se habilitaron ferramentas para contribuír a cumprir cunha tarefa xa incorporada nunha norma que leva anos vixente.

Mentres, no Parlamento, esgrimiu que se está desenvolvendo un labor específico a través da comisión activada de política forestal e loita e prevención de incendios, agora en fase de ponencia e co "compromiso" de que a finais deste mes estea listo o ditame.

Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta