Temas: BEIRAS

Beiras xa ten a súa propia fundación de ideas aos 82 anos

O Obradoiro de Ideas de Láncara nace para promover a cultura republicana e estudará as experiencias emancipadoras en todo o mundo. Contará coa presencia do ex deputado da CUP David Fernández.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2018 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

O veterano dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, cofundador do BNG --formación que abandonou en 2012-- e que logo promoveu a fundación de Anova, presidirá 'Obradoiro de Ideas Láncara', un laboratorio de ideas que nace ao redor da súa figura e que promoverá a cultura republicana e estudará as experiencias emancipadoras en todo o mundo.

Xosé Manuel Beiras, en declaracións aos medios
Xosé Manuel Beiras, en declaracións aos medios | Fonte: Europa Press

A presentación desta fundación terá lugar este martes ás 19,00 horas na facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e contará coa participación do exdiputado da CUP David Fernández.

Nunha primeira parte do acto, Antía Comesaña fará unha intervención explicando os obxectivos que busca Láncara, un nome que fai referencia ao histórico discurso do político nacionalista pronunciado nesa localidade en outubro de 2005 e que serviu de base para unha nova corrente política que acabou co denominado 'Novo proxecto común' e á súa saída do BNG.

Case 13 anos despois daquel discurso, que tivo lugar cando recollía o Premio Ramón Piñeiro 'Facer País', Beiras, que deixou a primeira liña da dirección política, presidirá esta entidade que, como el mesmo explicará na súa presentación, servirá tamén para analizar o momento político actual, no que "se recortan dereitos e o Réxime do 78 avanza no seu xiro autoritario e represivo".

No acto, David Fernández fará unha lectura desde a posición da esquerda independentista catalá sobre o momento actual que vive nestes momentos Cataluña, coa aplicación do artigo 155, e do momento que vive o proceso soberanista despois do 1 de outubro e das eleccións do 21 de decembro.

UNIDADE POPULAR

"Quen son eu en realidade? E que son ou levo sido?", comezaba aquel discurso que dá lugar agora a este laboratorio de ideas, que empeza a andar nun momento no que a unidade popular en Galicia, que el mesmo impulsou e levouno a presentarse de novo a unhas eleccións autonómicas (con Alternativa Galega de Esquerda en 2012), volve estar baixo a lupa dunha reformulación pola crise interna de En Marea.

Beiras, que é membro da dirección do partido rupturista, mantívose á marxe da polémica interna aberta despois de que se coñecese que a deputada Paula Quinteiro se vira envolta nun incidente coa Policía Local de Santiago o 18 de marzo. Con todo, cando transcendeu a noticia manifestouse partidario de que a parlamentaria deixase o escano.

Temas: BEIRAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

8 Fernando G

7 arredista

Ética de esquerdas, fraternidade, cooperación, República, democracia participativa, primacía dos dereitos colectivos, igualitarismo, autodeterminación cara a independencia, socialización, home novo, muller nova, nova cultura: http://www.altermundo.org/declaraci...

1 Fran Correa

Desarrollismo como modelo económico (queimar o planeta para salvar 'o atraso'), incapacidade do profesor para formular unha teoría de suficiencia económica de Galiza, eurocentrismo e antiruralismo ('como África', 'como Botswana', 'como La Rioja', 'os do monte'), elitismo e sectarismo, culto ao líder, egoísmo, servilismo e dependencia (reforzar o centralismo de Madrid: PCE con ANOVA de IU, e Mareas de Podemos), paripé e galería: a grande aportación do Beiras.

6 Amoxegador

Castelão dixo uma vez a respeito de Vicente Risco "quando Risco era alguém". Também teremos que dizer "quando Beiras era alguém"

1 unmais

Sempre foi alguen moi lucido como pensador e desastroso como político que esnaquizou todo o que tocou, primeiro o PSG, despois Unidade Galega, mais tarde o Bloque e agora Anova e as Mareas, vamos eu non subo con el un barco nin que me maten, vai a pique con toda a certeza

2 toninho

Dacordo con "unmais". Este Beiras foi un grande e intelixente pensador pero fora dixo é a antitese do rei Midas. Di a lenda que este rei todo o que tocaba o convertía en ouro, Beiras todo o que toca o convierte en m.....

3 Eu mesmo

Unidade Galega non. Foi Esquerda Nacionaista Galega, que pasou de ser fundador a ser traidor aos seus compañeiros, coma Alberte Xullo.

4 Serafín

Certo, o Beiras traiu aos propios colegas para seguir de líder aparente baixo o ditado da UPG. Unha de tantas do santo elevado aos altares en vida. Lembrades nos tempos da deriva aquela páxina de A Nosa Terra, onde se pedía que non se criticase os seus desvarios, pois o nacionalismo precisaba de ídolos? Pois iso, seguimos adorando ao semideus!

5 Que boa idea

E vai estudar os distintos cambios de idea que foi tendo, sempre vinculados ao seu nivel de poder interno, ou vai ficar só coas ideas que a el lle conveñan biograficamente, agora que ten medo de ser lembrado polo último que fixo?

4 Per

Non sei quen terá máis afan de protagonismo si el ou Pablo Iglesias... o lamentabel e que triunfen persoas con tanto ego,,é o que ai..

1 pepóptero

Eu lamento moito a última etapa de Beiras, creo que perdeu o norte, pero eu son nacionalista probablemente grazas a el. Polo tanto creo que seríamos terriblemente inxustos xulgalo simplemente por certas cuestións.

2 Cupuaçu

Se es nacionalista grazas a el igual es nacionalista español e non o sabes. Acontece moito en certo bloque falsário de dereitas... Mira ben, igual traballas para o inglés (que importa se lle din Pablo ou Pedro).