Temas: MINA TOURO O PINO

"Isto non é o comezo dunha película de terror, isto é a realidade", o vídeo contra a mina de Touro-O Pino

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa realiza un espectacular e impactante vídeo para convocar unha manifestación contra o proxecto de Atalaya Mining.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/05/2018 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

"Fuxide, correde, bulide, xa que todo aquelo que coñeciades, desaparece… Un mal nunca antes visto asola Galicia!". Así, coma se dun filme de terror fose, comeza o vídeo que realizou a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa para convocar unha nova gran manifestación contra a mina de Touro e O Pino, o próximo día 10 en Santiago de Compostela.

Vídeo da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa contra a mina de Touro - O Pino.
Vídeo da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa contra a mina de Touro - O Pino.

Cunha introducción de gran factura, coma se dun filme se tratase, o vídeo amosa a gandeiros, agricultores, mariscadoras, deportistas, cativos... escapando dunha ameaza, a dun "mal nunca antes visto" en Galicia, a megamina de cobre que pretende reabrir Atalaya Mining nos municipios de Touro e O Pino. Pero, como se di no propio vídeo, "isto non é o comezo dunha película de terror; isto é a realidade... ou pode chegar a selo". Advertencia que dá paso aos testemuños de veciños das comarcas afectadas que están contra o proxecto.

"Porque non queremos unha herdanza envelenada", din os autores deste vídeo, "non toleraremos o saqueo a Galicia nin poremos en risco as nosas vidas".

Temas: MINA TOURO O PINO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta