Unha nova era

Era necesario botar ao Partido Popular do goberno, e o era porque estabamos nunha carreira sen fin previsible de perda de dereitos e liberdades, todo xustificado por unha falsa recuperación económica que non é tal, debido a que aínda que se estea recuperando niveis do 2008 en número globais de emprego tamén é certo que se está recuperando a base de precariedade e unha inadecuada redistribución da riqueza, polo cal a escusa económica era iso, unha escusa.

Por Carlos González Armada | Vigo | 05/06/2018

Comparte esta noticia
Desde Actúa propuxémonos desde o noso nacemento a que a unidade da esquerda fose un obxectivo, buscando gobernos “á portuguesa” e buscando que a rexeneración democrática do estado fose unha prioridade. En Galicia é moi acusada a inestabilidade e a falta de ideas da esquerda actual, cun Podemos que ata hoxe está desaparecido, non só de comicios electorais senón tamén de propostas específicas, cunha  EnMarea que lle comeu o espazo a Podemos, pero que non é Podemos, e que ameaza por momentos a desmoronarse, e cun BNG que se mantén fiel o seu discurso, a súa coherencia, e o sua defensa de Galicia, con peticións de políticas progresistas serias pero que ten limitado o seu campo de actuación debido ao tipo de ideoloxía que defende.

Ante iso pensamos que Actúa era máis necesario aínda en Galicia que no resto do estado, aínda que é certo que só cada territorio coñece as particularidades do seu territorio, e por iso decidimos poñer en marcha o proxecto Xuntos Actúa, e por iso  Xuntos Actúa debía posicionarse ante a situación política estatal, e así o fixo apoiando este novo goberno que comeza, pero facéndoo coa intención de vixiar que se realicen as actuacións que Galicia, e o resto do estado español, precisan dun novo goberno, comezando por rexenerar a democracia.

Ana Pontón, do BNG
Ana Pontón, do BNG

Non obstante o anterior os sucesos ocorridos lévannos a facernos varias preguntas que deben facernos pensar e razoar erros, ter autocritica. e non cometer os mesmos erros nun futuro.

Por que fomos dúas veces a eleccións en 2015 e 2016, e non se pactou antes este goberno de esquerdas?

Por que todo este tempo perdido onde se entregou Galicia ao PP e case Cataluña a Cidadáns?

O novo goberno será capaz de resolver o problema de Cataluña e evitar un novo 155?

Podemos será un instrumento de cambio, ou se plegará a todas as necesidades do PSOE?

Saberá gobernar o PSOE un ano cos orzamentos do PP e Cidadáns?

Saberá Podemos limitar a utilización dos orzamentos do PP e Cidadáns ao esencial e obrigar ao PSOE a buscar fórmulas alternativas de financiamento para executar mais accións de necesidade social?

Estes días todo serán felicitacións e marabillas vendo a morte de M. Rajoy, a baixada dun partido que nos fixo dano socialmente e que se enriqueceu á nosa costa, pero despois da festa virá a reseca, despois haberá que gobernar, haberá que facer oposición, haberá que discutir e demostrar, porque despois deberá de verse se realmente se vaise a querer rexenerar o estado democrático ou se só puxemos unha tirita na ferida, porque despois, se isto non funciona, veremos como o PP non morre, Cidadáns creceu, e o PSOE quedou un pouquiño mais desacreditado, e veremos como en Podemos deberase rexenerar o discurso para non morrer de éxito, virá a resaca que poderá ser doce se se fan ben as cousas, ou amarga se se falla.

O PSOE deberá de cumprir toda a axenda social que a ciudadania demanda por dereito…eliminar a lei  mordaza, eliminar a reforma laboral, modificar a lei educativa, solucionar o problema territorial,  devolver dereitos e liberdades perdidas, redistribuír a riqueza, acabar cos salarios en precario, profundar en igualdade e acabar coas  politicas machistas que outorgan mais  prebendas aos homes por ser homes, acabar co abuso das institucións sobre o tutelaxe dos nenos de acollida, etc, etc, etc….e Podemos  debera de ser  garante e avalista de que iso se cumpre, debera de apoiar ante as actuacións dirixidas neste sentido, e frear as que non se dirixan a este camiño, e esixir, sobre todo  debera de esixir moito, esixir que se realice todo o que a  ciudadania necesita para mellorar o benestar dos de abaixo.

En Galicia moito témome que seguiremos á cola de toda regeneracion, se é que esta ocorre, porque aquí o PP clientelista segue dominando e mantendo un folgado poder, porque o PSOE en Galicia nin está, nin se lle espera, salvo en Vigo, porque  EnMarea esta en fase  zombie, porque Podemos Galicia nunca existiu, e tras o ultimo esquecemento de Pablo Igrexas no seu discurso vese que segue sen existir, porque  Anova está en fase de  autoexterminacion, porque só quédanos o BNG…e o BNG só non pode…por iso, por todo iso entendemos, equivocadamente ou non, que se necesita ACTÚA, pero esencialmente necesítase en Galicia Xuntos  Actúa, porque non podemos permitirnos o luxo de desaproveitar esta probable nova era.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA