Pontevedra quere plantar cara aos incendios forestais cunhas xornadas internacionais

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente a Fundación Agreste celebra un encontro que contará coa presencia de expertos nacionais e internacionais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/06/2018 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

A Delegación española da Fundación Agreste, xunto coa Embaixada dos Estados Unidos en España, organiza a conferencia "El valor de los ecosistemas frágiles para el desarrollo sostenible". O encontro terá lugar o martes cinco de xuño ás 19 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Incendio forestal na Serra de San Mamede en outubro de 2017
Incendio forestal na Serra de San Mamede en outubro de 2017

Entre os expertos que participarán neste evento estará o Dr. Richard Byron-Cox, responsable do Mercado de Creación de Capacitaciónss e do Programa de Alineación de Accións da Convención de Nacións Unidas de Loita contra a Desertificación (UNCCD). Byron-Cox falará  sobre o concepto de Neutralidade na Degradación de Terras, incluido na Meta 15.3 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Outro dos expertos que participarán na conferencia é Scott Ludwig, físico científico da Administración de Minerais e Xeoloxía do Servizo Forestal do Departamento de Agricultura dos Estados Unidos. A súa ponencia tratará sobre a recuperación dos bosques despois dun incendio forestal. O Dr. Enrique Valero, Profesor de titular e Director do Grupo de Investigación AF4 da Universidade de Vigo, responsable do estudo de vías para compatibilizar os usos forestais e gandeiros en Galicia, tamén participará.

O evento estará coordinado por Julián Varela, Fundador da Fundación Agreste, e por Griselda Marrero Duarte, Presidenta da Fundación. O alcalde de Pontevedra,  Miguel Anxo Fernández Lores, tamén participará na inauguración. O evento é gratuito e os participantes obterán un diploma de participación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta