Ferreiro non quere a "división" de En Marea nas municipais e defende un espazo de cambio "unido"

Enmenda a Carmen Santos que aposta por ir ás municipais coas siglas "Podemos-IU", agás na Coruña, Santiago e Ferrol. "Non ten sentido falar de dividir", asegura o rexedor coruñés.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/06/2018 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, rexeitou "falar de dividir" entre as formacións que integran En Marea para concorrer ás eleccións municipais, á vez que avogou por traballar por un espazo de cambio "unido".

Xulio Ferreiro
Xulio Ferreiro | Fonte: Europa Press

Despois de que a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, defendese para a Comunidade galega o acordo marco que se asinou a nivel estatal entre a formación morada, IU e Equo para concorrer ás eleccións municipais do próximo ano, Xulio Ferreiro foi preguntado pola posibilidade de que haxa división nas próximas eleccións. "Non sei que posibilidade é esa", contestou.

Carmen Santos unicamente puxo como excepción do acordo marco, que implica o formato coalición fronte ao partido instrumental de En Marea, as candidaturas municipalistas onde se goberna, como é o caso de Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela. Esta situación contrasta, non entanto, con que Esquerda Unida tamén considere "marca consolidada" a Marea de Vigo, a cal, precisamente, lidera o dirixente desta formación Rubén Pérez.

No caso de Marea Atlántica, Ferreiro recalcou que esta candidatura, que el liderou nos anteriores comicios e que agora volverá encabezar, concorrerá ás próximas eleccións municipais "con todos os actores que foron importantes en 2015 e que seguirán sendo importantes en 2019".

Así as cousas, argumentou que "non ten ningún sentido falar de dividir". Ademais, recalcou que, no seu caso, seguirá traballando "porque o espazo do cambio non só estea unido, senón que, ademais, amplíese".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

8 Ferriño

Pis para querer iso non anda moi espabilado metendo cizaña!

7 Xesús Ateo Recalcitrante

Diga o que diga Ferreiro as decisións sobre o que se vai facer na En Marea van tomalas en acordos entre esquerda Unida e Podemos, como anos hai aconteceu con BNG e UPG e que significou que en Amio unha boa parte do Bloque se puxera fora da organización. A diferenza é que, desta, o obxectivo das decisións non vai ter como centro Galiza, senón Madrid. Magoa de ANOVA (a onde chegou; ou a levaron entre Beiras e Martiño Noriega coa colaboración activa e involuntaria dunha FPG que non sabe onde ten a cabeza nin onde ten o cu ). En fin, a cousa está así; e parece que moitos e moitas, se a cousa non se remedia (e eu non creo nas miragres) van ter que virar a súa cabeza cara onde hai uns anos deixaron de mirar.

6 RAMIRO DE YOLI

Se non queres a división de En Marea, como é que vas a Ferrol a apoiar a Jorge Suárez, ao que non queren os inscritos en En Marea?

5 Mareanta

Ferreiro tería que ter defendido o espazo de confluencia en lugar de atacalo. Podemos e EU queren fagocitar o movemento e Ferreiro colaborou no debilitamento enganado polos mesmos que agora o queren rillar. Nunca é tarde pero a ver que postura toma a medio prazo...

4 imperio mourado imperio mouro

a soltar billetes a esgalla, trapalleiros do pe$oe... nin marea nin nada, sinvergonzoneria a proba de boma A, non teñen vergonza, viven do conto, uns con villas de 650 mil euros e outros negociando aticos para amigotes do mareao, xa basta, xa chega ... xa chega o momento de que a xente vexa a verdade a marea da putrefacción e o sirvengonzoneria ramplante, agora son totalmente podreiros, cando a propia podreiros cedeu o control de garantías a mandriles, onde ten que resolverse a xefatura do que xa esperamos e sabemos -VIEIRAS vestido cunha túnica mourada, achegase e non trae felicidade a galaxia podreiro-mareante https://www.youtube.com/watch?v=hNv...