O BNG presenta unha proposta contra o "monocultivo" do eucalipto

Pontón censura que o PPdeG "non ten interese en facer unha análise crítica" e que Feijóo "está máis preocupado por apagar os lumes do PP".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2018 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, criticou que a comisión de estudos de incendios do Parlamento galego "aínda" non conte con conclusións --a pesar de que se marcaba como obxectivo que o ditame estivese listo a finais de maio--, á vez que censura que o PP "non ten ningún interese en facer unha análise crítica sobre o que pasou" na última vaga de lumes nin en "sentar as bases dun cambio real no medio rural".

Bng Denuncia Paralise Comision Incendios. Feixoo Apagalumes Do Pp
Bng Denuncia Paralise Comision Incendios. Feixoo Apagalumes Do Pp | Fonte: Europa Press

Así, o BNG presentará nos próximos días a súa proposta ás conclusións da comisión na que traslada a súa "aposta clara" por "cambiar a política de monocultivo de especies" como o eucalipto, que "xera grandes incendios" e avoga por fomentar o "uso multifuncional do monte", con actividades como a produción de madeira de calidade e o pastoreo.

Durante o acto no que denunciou que a comisión de incendios se atopa "paralizada", Pontón apuntou que "algunhas cousas da ditadura parece que volven agora de súpeto", desde o momento no que "se decreta que neste Parlamento non se pode dicir que o PP está condenado por corrupción, a pesar de existir unha sentenza firme pola trama Gürtel".

Este sábado o BNG celebrou as V Xornadas Parlamento Aberto, centradas no obxectivo de "reflexionar sobre a situación actual do monte" e o "cambio de políticas necesario para crear un futuro esperanzador" na Comunidade.

FEIJÓO, "MÁIS PREOCUPADO EN APAGAR OS LUMES DO PP"

Ante esto, recriminou que a "única" política do PP sobre os incendios é "cargar as responsabilidades operativas sobre os concellos". Deste xeito, lamentou que o PP delegue a limpeza de franxas de seguridade contra os incendios nos propios municipios.

Con todo, Pontón incidiu en que para estes traballos "pasou o prazo" e os municipios galegos "non recibiron axudas, nin houbo unha unidade preventiva real ou un cambio de dinámica", o que cualifica como "moi frustrante".

Para a portavoz nacionalista, actualmente, "o feito de que chova e haxa nubes é a única política antincendios real para evitar o risco actual na Comunidade galega", debido a que "a Xunta non puxo medios nin recursos". Sobre este extremo, censura que "Feijóo está máis preocupado por apagar os lumes do PP" e "máis ocupado por cubrir a vacante que deixa Mariano Rajoy que por atender os problemas de Galicia neste sentido".

APOSTA POR UN MONTE "MULTIFUNCIONAL"

De tal forma, Pontón asegurou que o BNG "ten moi claro" que para acabar coa problemática dos incendios "hai que ter valentía para afrontar cambios estruturais" que deriven na creación dun "monte multifuncional".

Así, para solucionar o "grave" problema dos incendios aposta por "madeiras de calidade", porque o medio rural "teña vida", xa que o monte "pode producir moito máis que madeira", e o país "ten capacidade para levar a cabo unha transformación nos montes", o que "pode xerar moito emprego e riqueza".

Nesta liña, a voceira nacionalista asegurou que "se poden facer moitas cousas en positivo", pero necesítase dun "impulso institucional" da Xunta para facer unha política que "acabe co abandono" e "permita ter un monte coidado, ordenado e que xere riqueza", ademais de constituír "un espazo para gozar por todos".

Ademais, incidiu en que, "á parte da concepción economicista e reprodutiva do monte, Galicia non se entendería sen ese medio rural" coa súa "parte afectiva, cultural e paisaxística".

Respecto da temática das xornadas, Pontón lembrou que o ano pasado abriuse "debate sobre o futuro do medio rural" e o "que se debe facer co monte galego". Remarca que se trata dun "debate de país", non só autonómico, e que "require que se recoñezan as cousas que se fixeron mal".

Así mesmo, a voceira nacional do BNG explicou que Galicia conta coa "forza suficiente" para "cambiar tendencias nas que vive ancorada neste momento", e así "reflexionar sobre a situación actual do monte galego".

Neste sentido, defendeu que se trata dun terreo con "moita capacidade, pero ao que se lle aplican políticas importadas, non pensadas desde Galicia, ao servizo dalgunhas empresas e non do propio país", e que "converteron nun problema ambiental o que debería ser unha riqueza e un elemento crave para pór en marcha outro proxecto de país".

CHAMAMENTO A FEIJÓO SEN RESPOSTA

No tocante aos incendios sucedidos en xuño de 2017 en Portugal, cando se produciu a "catástrofe dos incendios alén do río Miño", Pontón asegurou que o BNG "se dirixiu a Feijóo para trasladarlle a súa preocupación ante o que estaba a suceder", xa que "en Galicia había situacións e circunstancias análogas" e "non estaba libre de sufrir unha praga de incendios con consecuencias catastróficas".

Após este chamamento, Pontón asegurou que o BNG "non recibiu unha resposta" por parte de Feijóo, salvo "o desprezo e o silencio". Así, reprochou que "nin sequera tivo a ben contestar a oferta sincera do BNG para chegar a un gran acordo de país que permitise cambiar a política forestal e de xestión do monte".

Todo iso nunhas xornadas nas que participou o que foi conselleiro de Agricultura co bipartito, Alfredo Suárez Canal, que foi ovacionado polos asistentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 unmais

Uns facendo propostas para o ben do pais e outros a coiteladas entre eles, eis a diferenza

1 Nandiño

E contra REGANOSA?

1 GrazasBeiras

Goberne quen goberne, GZNSV! Que tal por 2008, meu? Valeu ben? Deuche Feixóo unha paguita ou deixouche tirado? Tanto dá, verás coma en 2012 AGE "lo peta fuerte". Goberne quen goberne, Coruña non se vende! Ui, perdón polos espoilers!

2 comunista independentista

Reganosa, Massó, Carrumeiro... as prevendas e pufos do Bloque con Caixanova/Caixagalicia. Pero claro, a culpa de perder o goberno foi de Galiza Non Se Vende, non foi do Bloque por vender Galiza... XDDDDDDDD