Temas: PSDEG

Falece o primeiro secretario xeral do PSdeG, José Luis Rodríguez Pardo

Numerosos cargos e dirixentes socialistas e o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, mostraron o seu pesar.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/06/2018 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

O político socialista coruñés José Luis Rodríguez Pardo, que foi o primeiro secretario xeral do Partido Socialista en Galicia, faleceu aos 81 anos de idade.

José Luís Rodríguez Pardo
José Luís Rodríguez Pardo | Fonte: mundiario

Segundo informaron a Europa Press fontes socialistas, este avogado e profesor de Dereito, referente galeguista dos socialistas, faleceu na noite do martes e o seu corpo está a ser velado no Tanatorio da Grela, na Coruña.

Despois de coñecerse o seu falecemento, numerosos cargos e dirixentes socialistas mostraron o seu pesar, como actual líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen trasladou o pesar dos socialistas galegos a través o seu perfil de Twitter.

"Os e as socialistas galeg@s sentimos hoxe a perda de José Luis Rodríguez Pardo, socialista e galeguista, quen foi secretario xeral do PSdeG", sinala Gonzalo Caballero, que lembra que a pasada semana o propio Pardo deulle "apoio para o partido".

Ademais, tamén a través do seu perfil de Twitter, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou o seu pésame aos familiares e amigos do falecido, así como a "todos os socialistas galegos" pola morte de quen fose o seu "primeiro secretario xeral". "Grazas polo teu traballo por Galicia", finaliza.

Temas: PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 AmoxegadorDD

Este foi daqueles que entraron no PSOE galego para galeguiza-lo más aconteceu o contrário.