O PPdeG cre "bo" que haxa varios candidatos no Congreso, pero "o importante" é "un líder que represente a todos"

Tellado apela a que Feijóo compatibiliza a Xunta e a Presidencia do partido en Galicia, pero evita facer "futuribles" sobre a decisión

Santiago de Compostela | 13/06/2018 | Actualizada ás 18:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado, considerou que "é bo que haxa varios candidatos" nun proceso congresual "participativo" como no que está inmerso o partido após o anuncio de Mariano Rajoy de deixar a primeira liña política. Iso si, matizou que "o importante é elixir un líder que represente a todos".

Miguel Tellado, secretario xeral do PP galego
Miguel Tellado, secretario xeral do PP galego | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista na Radio Galega, recollida por Europa Press, Tellado insistiu en que hai que "esperar" a que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "tome unha decisión e comuníquea". O propio dirixente autonómico insistiu este mércores en que convocará un acto "exclusivamente do Partido Popular" para explicar a decisión que adopte sobre o seu futuro.

"A el correspóndelle tomar unha decisión", defendeu Tellado, que describiu o "tres vertentes" sobre as que terá que decidir: a "persoal", a "política" e a "institucional". "E por tanto, creo que é unha decisión complexa, que saberá resolver, sabendo antepor os intereses xerais por encima dos particulares, partidistas e políticos", remarcou o secretario xeral do PP galego.

Cun "de verdade que non" sentenciou Tellado a pregunta sobre se coñecía os plans de Feijóo, que se sitúa nas quinielas políticas e nas enquisas de varios medios de comunicación como o líder mellor valorado entre a militancia popular. Así, insistiu na "complexidade" da decisión, que lle "corresponde tomar ao presidente" e agregou: "E estou seguro de que vai acertar".

Tellado lembrou que hai un "proceso aberto para renovar o PP de España", respecto diso do que lembrou que é o "primeiro partido" e, por tanto, está chamado a facer "fronte a unha situación excepcional" despois e a moción de censura. "Estamos chamados a renovarnos para revalidar e ampliar a confianza cidadá, para vertebrar este país", remarcou.

PROXECTO GAÑADOR

Por iso, trátase dun congreso "moi importante" como "primeira forza política" e nun contexto de "debilidade" do Goberno actual, do que puxo en dúbida "os apoios" sobre os que dixo "que nunca se apoiaría". "É o goberno máis débil que tivo España na historia democrática", aseverou Tellado para apuntar, a continuación, que por iso o PP ten agora a misión de "renovarse, rexenerarse e recuperar a maioría cidadá".

Neste escenario, e despois de apelar a que "o PP naceu en Galicia", dixo, sobre se sería bo que haxa un único candidato no Congreso como piden algunhas voces do seu partido, que "é un congreso participativo, e é bo que haxa varios candidatos", pero "o importante é elixir un líder que poida representar a todos".

"O que queren a maioría dos afiliados é un proxecto gañador", significou e agregou: "Entre todos temos que construír un proxecto gañador, que supere personalismos, iso é o que se está xogando".

COMPATIBILIDADE DE CARGOS

Preguntado por se cre que se pode compatibilizar a presidencia do partido coa dunha institución autonómica, Tellado rexeitou "falar de futuribles que non se produciron e non se sabe se se poden facer". "Pero en calquera caso, é compatible ser presidente do PP de Galicia e da Xunta, por tanto, a compatibilidade existe e é real e correspóndelle a quen asuma esa responsabilidade", agregou, ver se se poden compaxinar tarefas novas con responsabilidades "previas que se teñen".

Durante a entrevista nos 'Almorzos do Galicia por Diante', recollida por Europa Press, Tellado tamén augurou que Rajoy "pasará como un dos grandes presidentes" e "o seu legado é unha recuperación económica sen precedentes". Sobre a súa marcha no partido, destacou a "despedida con xenerosidade e gran altura política".

Doutra banda, indicou, sobre a presentación dos candidatos ás municipais, considerou que "non sería razoable que agora presentasen os candidatos en pleno proceso de celebración dun congreso nacional". O PPdeG dáse de prazo o verán, que como lembrou o propio Tellado, termina "o 21 de setembro".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta