Medio Rural pide unha defensa "forte" da PAC ao Ministerio de Agricultura

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, fixo a petición ao ministro Planas na primeira toma de contacto entre os dous cargos.

Por E.P. | SANTIAGO | 14/06/2018 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, pediu este xoves ao novo ministro de Agricultura, Luis Planas, que realice unha defensa "forte" para manter fondos da Política Agrícola Común (PAC) para Galicia e España. Así se expresou a conselleira logo de participar en Madrid no primeiro Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios após o cambio de Goberno, na "primeira toma de contacto" co novo ministro.

Reunión con Planas
Reunión con Planas | Fonte: Europa Press

Respecto diso, a conselleira defendeu o "traballo moi importante realizado meses atrás" pola anterior ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, e destaca o "bo punto de partida" que supuxo a declaración asinada por España, Francia, Grecia, Portugal, Finlandia e Irlanda na que se reclama de forma común que no futuro orzamento da UE pos 2020 non se recorten os fondos para a PAC.

Así, Ángeles Vázquez avoga por "ir fortes a Europa para conseguir o mellor" para os produtores. "Parece que esta vai ser a liña que vai seguir o actual ministro, que anteriormente foi conselleiro, e, por tanto, coñece de primeira man os quefaceres de cada comunidade e inquietudes do sector", explica.

Por iso, a Xunta "esixe e demanda" defender que "non haxa recortes na nova PAC", a pesar do "claro descenso" que se prevé para o sector na repartición de fondos europeos entre 2021 e 2027. "En anteriores encontros avogamos por unha postura común que, esperamos se manteña, para así presentar unha posición única e forte por parte de España ante o resto de Estados membros", agrega. Neste sentido, a conselleira cre necesario que os gandeiros e agricultores teñan "tranquilidade" e "estabilidade" para "ter unha renda digna de cara o futuro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta