Feijóo avanza que haberá 1.600 prazas máis en escolas de 0 a 3 anos o próximo curso en Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que Galicia contará o próximo curso con 24.000 prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos, o que supón 1.600 máis que o curso que agora conclúe.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2018 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que Galicia contará o próximo curso con 24.000 prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos, o que supón 1.600 máis que o curso que agora conclúe.

Consello da Xuntal do xoves 14 de xuño
Consello da Xuntal do xoves 14 de xuño | Fonte: Europa Press

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, o máximo mandatario autonómico defendeu que esta medida busca "conseguir que a lista de espera nas escolas infantís siga sendo cero", xa sexa cunha praza pública directamente, concertada ou coa axuda do Bono Concilia, unha medida que tamén permite elixir centro de 0 a 3 anos en determinados casos.

Feijóo lembrou que a Unión Europea establece que as rexións que teñen competencias directas en escolas infantís deben contar cun cociente de cobertura de prazas do 33 por cento. Neste sentido, indicou que en 2009, Galicia situábase no 20 por cento e coas novas prazas do próximo curso colocarase no 41 por cento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta