Temas: RIBADEO

Desestimado o recurso dos familiares da moza falecida nas Catedrais

O Xulgado número un de Instrución de Mondoñedo (Lugo) desestimou o recurso de reforma interposto pola familia da moza falecida na Praia das Catedrais.

Por E.P. | SANTIAGO | 14/06/2018 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

O Xulgado número un de Instrución de Mondoñedo desestimou o recurso de reforma interposto pola familia da moza falecida na Praia das Catedrais.  Isto fixérase contra a decisión da xuíza de sobreseer as actuacións por entender que a morte foi accidental.

Praia das Catedrais en Ribadeo
Praia das Catedrais en Ribadeo | Fonte: Andy Roberts en Flickr

En concreto, o tráxico suceso tivo lugar o sábado 31 de marzo, cando a moza de 25 anos e natural de Valladolid, faleceu cando visitaba este enclave, situado no concello lucense de Ribadeo, ao caerlle unha pedra na cabeza cando estaba no interior dunha das covas do areal.

De acordo coa opinión do Ministerio Fiscal, a xuíza mantén a decisión de arquivar as dilixencias por considerar que, "a pesar da irreparable perda que supuxo o falecemento" da moza "para os seus familiares e achegados", a morte foi "accidental" tal e como "consta no informe da autopsia".

Nun auto con data do 13 de xuño e dado a coñecer este xoves polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xulgado sinala que "aínda cando puidese considerarse que concorrese algún tipo de responsabilidade por culpa imputable ao persoal da Xunta", a falta de "previsibilidade" desprazaría o "posible reproche legal ao ámbito da responsabilidade civil/contenciosa".

Así mesmo, ante as alegacións do recurso que sinalan que esa mesma xornada un turista informou os vixiantes de que se desprenderon pedras, o xulgado considera que, aínda que "o peche e evacuación podería ter resultado oportuno" se se "puidese acordar antes do sinistro", o feito de "non levalo a cabo non reviste relevancia penal". Por último, tamén sinala que os informes que avisaban de riscos de desprendementos "foron encargados con posterioridade ao falecemento da moza". Este recurso non é firme, ya que pode ser recorrido ante a Audiencia Provincial.

Temas: RIBADEO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta