Santiago quere ofrecer "a mellor Supercopa da historia da ACB"

Santiago de Compostela foi elixida sede da Supercopa Endesa 2018, evento que abre a temporada de baloncesto os días 22 e 23 de setembro, e sobre a que o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, declarou que "van traballar para que sexa a mellor da historia da ACB".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2018 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela foi elixida sede da Supercopa Endesa 2018, evento que abre a temporada de baloncesto os días 22 e 23 de setembro, e sobre a que o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, declarou que "van traballar para que sexa a mellor da historia da ACB".

Presentación da Supercopa Endesa en Santiago de Compostela
Presentación da Supercopa Endesa en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

O rexedor compostelán e o director xeral da ACB, José Miguel Calleja, asinaron este xoves no Concello da capital galega o acordo para a celebración desta competición. O acto, tamén contou coa presenza do presidente do equipo Monbus Obradoiro, Raúl López; o presidente da Deputación A Coruña, Valentín González Formoso; e o director territorial zona noroeste de Endesa, Miguel Temboury.

Na rolda de prensa despois a firma do contrato, o director da ACB destacou que os equipos que forman parte do cartel farán que o espectáculo sexa "buenísimo". Así, participarán o Monbus Obradoiro (como anfitrión), Real Madrid (como gañador da Euroliga), FC Barcelona Lassa (como gañador da Copa do Rei) e Kirolbet Baskonia (como clasificado a través da liga Endesa). José Miguel Calleja tamén quixo sinalar que o partido da final da liga do pasado 13 de xuño entre Real Madrid e Baskonia, que foi un "emocionante", supón un "adianto" do nivel da Supercopa.

APOIO INSTITUCIONAL

A competición celébrase en Santiago grazas á cofinanciación entre o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña. Precisamente, o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso apuntou que, desde a deputación, "entenden que hai que apoiar eventos deste tipo".

Ademais, durante a rolda de prensa, defendeuse a Santiago de Compostela como sede do evento deportivo que abre a temporada. Miguel Temboury, pola súa banda, declarou que "é un orgullo que este acontecemento veña a Santiago de Compostela. Galicia é a casa de Endesa". "Somos de aquí e é unha satisfacción que os afeccionados galegos teñan a oportunidade de gozar do mellor baloncesto", engadiu.

Así mesmo, Martiño Noriega, quen declarou que levan desde hai dous anos traballando para que este evento chegase á Comunidade galega, afirmou que Santiago de Compostela "é unha cidade que non vai defraudar, que é unha cidade patrimonio da humanidade e tamén vai ser a capital do 'basket'". Igualmente, o director xeral de ACB apoiou a elección de Santiago de Compostela como sede para esta competición, "Santiago é unha cidade especial entre todas as cidades especiais que temos. É unha cidade cun valor cultural espectacular".

ABONOS E OBRADOIRO

Na rolda de prensa, o director de ACB revelou que os abonados do Obradoiro poderán comprar as entradas o 3 de xullo e un mes despois, poderanse a disposición de todo o mundo, cun prezo mínimo de 19 euros. Ademais, o presidente do club anfitrión espera que se poida dicir que "as entradas se esgotaron", como ocorreu en 2016 cando Galicia acolleu o "evento estrela da ACD", a Copa do Rei.

Por outra banda, o director da ACB destacou o "esforzo especial" que o club Obradorio vai realizar para dar repercusión ao evento e mostrouse seguro que a afección do Obradoiro apoiará ao seu equipo "até o último segundo". Con todo, Raúl López expresou que para el supón unha "dobre satisfacción" este evento, por ser o seu equipo o anfitrión da competición (e poder participar nel) e por ser Galicia a sede dela. "Como presidente do Mobus Obradoiro, é un deses días que che sentes máis orgulloso que nunca", tamén manifestou.

Así mesmo, o presidente do equipo anfitrión asegurou que chegaron até onde están porque son un club "serio" e "humilde", aínda que non conten cos orzamentos que teñen outros equipos. Ademais, afirmou que seguirán traballando para traer máis cousas á provincia galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 GilbertCampana

En https://www.footballjerseyer.com/ también puedes ver todas las camisetas del equipo de la Copa Mundial 2018. Por supuesto que te gusta!