O PP pensa que Feijóo ten un ‘futuro Dorado’ pero el non quere meterse en fariña

O Partido Popular de Galicia amosou a súa satisfacción porque Feijoo non deixe o cargo de presidente da Xunta de Galicia. Fontes próximas ao partido indican que ‘Alberto es nuestra riqueza. Es como El Dorado y nos alegramos de que no cogiera ese barco’, comentan.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/06/2018 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

Outros colaboradores máis próximos ao presidente tamén pechan filas e quítanlle ferro as súas bágoas no momento de comunicar a decisión. ‘Eran lágrimas de alegría por quedarse en Galicia’, indican e descartan que o momento de emoción de Núñez Feijoo no acto puideran deberse a que o presidente vira truncadas as súas expectativas sucesorias ao fronte do Partido Popular do estado por presións ou motivos escuros. ‘El presidente siempre mide mucho sus actos. No se pasa de la raya!", engadiron.

'Feijóo eres un fenómeno'
'Feijóo eres un fenómeno' | Fonte: Tempos Galegos

Xoan Bascuas

O voceiro da formación galeguista amosou a súa indignación porque Alberto Núñez Feijoo alegara o seu ‘Compromiso por Galicia’ como escusa para permanecer o país e non emprender a carreira sucesoria. Nun comunicado indicou que Feijoo non ten nada que ver con eles e que CxG é unha marca rexistrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta