Aparece un suposto menhir con forma humana na Estrada

A suposta pedrafita está chantada nunha leira denominada A Bighoia (ou Vighoia). Foi inventariada polos integrantes do colectivo Capitán Gosende.

Por Galicia Confidencial | A Estrada | 25/06/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A suposta pedrafita acada os 120 cm de alto. A 95 cm da base, o chantón presenta unha entalladura, a xeito de pescozo, que lle confire unha fasquía antropomorfa.

Menhir ou pedrafita da Bighoia (ou Vighoia), na Estrada
Menhir ou pedrafita da Bighoia (ou Vighoia), na Estrada | Fonte: HdG

Segundo apunta o investigador Carlos Solla, de Capitán Gosende, tomando como referencia a anatomía humana, a cabeza da figura posúe unhas dimensións de 25 cm de alto, 20 cm de perfil e 12 cm de fronte. Por debaixo da fenda do pescozo, o resto do corpo visíbel ten as seguintes dimensións: 95 cm de alto, 25 cm de costado e 15 cm de peito/costas.

"Crese que a sección oculta afúndese na terra 1 metro, polo que a altura total da anta atinxiría os 220 cm, aproximadamente", indica. Máis información na web colaboradora Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta