Ferido o condutor dun coche que envorcou cando circulaba pola AP-9 á altura de Oleiros (A Coruña)

Os servizos de emerxencia trasladaron ao CHUAC ao condutor dun vehículo que sufriu un accidente e acabou envorcando cando circulaba pola AP-9 á altura de Oleiros (A Coruña).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2018 | Actualizada ás 20:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia trasladaron ao CHUAC ao condutor dun vehículo que sufriu un accidente e acabou envorcando cando circulaba pola AP-9 á altura de Oleiros (A Coruña).

O sinistro tivo lugar ás 17,00 horas deste luns en punto quilométrico da Autoestrada do Atlántico en sentido A Coruña, segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

Foron varias as persoas que alertaron ao 112 a través de chamadas telefónicas nas que informaban o accidente. A central de emerxencias pasou o aviso a Urxencias Sanitarias 061 que, desprazados ao momento, atenderon ao ferido e trasladárono ao CHUAC.

Até o lugar do accidente tamén acudiron os bombeiros de Betanzos e a Garda Civil de Tráfico. Os axentes da Benemérita liberaron ao ferido, que tiña un pé atrapado no vehículo, polo que non foi necesaria a intervención dos bombeiros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta