Cando a falta de compromisos ferroviarios de Madrid provocou a declaración da I República Galega

Hai 87 anos en Santiago de Compostela proclamábase a I República Galega. Non foi un acto espontáneo. Levaba tempo xestándose ante o abandono de Madrid. O esquecemento ferroviario do país --como acontece aínda hoxe en día-- foi o detonante. O agrarista e galeguista Antón Alonso Ríos sería nomeado presidente.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/06/2018 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

Durou só unhas horas pero a I República Galega foi un feito histórico recollido, ademais, polos xornais da época. Aconteceu un 27 de xuño de hai, exactamente, 87 anos. Ese día de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, Galicia foi independente por unhas horas. E todo, pola falla de compromisos e o esquecemento ferroviario de Madrid. Unha situación que se repite, curiosamente, case cen anos despois, cun AVE que ía chegar hai case 20 anos e polo que, en principio, haberá que agardar ata o 2020.

Pueblo Gallego anuncia a proclamación da República Galega
Pueblo Gallego anuncia a proclamación da República Galega

Foron activistas composteláns como Pedro Campos Couceiro ou Antón Alonso Ríos os declararon que a solución para os problemas do país non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega. E todo, polo abandono de Galicia por parte do Estado español.

A chispa que fixo saltar todo foi a paralización das obras programadas do Tren Zamora – Ourense – A Coruña polo ministro socialista Indalecio Prieto para asignar no seu “feudo” electoral da cidade de Bilbao uns 12 millóns de pesetas para o seu porto. Unha situación que, curiosamente, se repite. Tamén, como entón, os vascos saen favorecidos dun pacto asinado primeiro co PP e que logo mantivo o PSOE para facer presidente a Pedro Sánchez.

Ese abandono provocou que o pobo de Ourense prostestara por esta decisión. Os obreiros apoderáronse da cidade, cortaron en tiras a bandeira republicana e izaron a bandeira branca e azul de Galicia e a vermella dos comunistas, proclamándose o estado libre de Galicia. Ao mesmo tempo prodúcense mobilizacións noutros puntos do país culminando en Compostela cunha Folga Xeral Revolucionaria que declara a República Galega o 27 de xuño de 1931.

ANTECEDENTES

Como en Ourense, tamén en Compostela o conflito do ferrocarril sensibilizara aos traballadores e os sectores republicanos da cidade. O día 27 realízase un mitin popular, a folga revolucionaria, paralizándose todas as actividades. Ás catro da tarde convocase un mitin na Praza da Quintana que é prohibido polo gobernador. Pero os obreiros deciden continuar coa folga revolucionaria que foi secundada polos comerciantes que pecharon os seus negocios. Os choferes das liñas interurbanas sumáronse á folga deixando á cidade sen transportes.

Constitución do Concello de Galicia, auténtico goberno galego no exilio.  Á dereita de Castelao, Alonso Ríos e Elpidio Villaverde
Constitución do Concello de Galicia, auténtico goberno galego no exilio. Á dereita de Castelao, Alonso Ríos e Elpidio Villaverde

Ás 18.00 horas realízase na un mitin na Praza do Hospital (Alameda) de enérxica protesta contra os poderes centrais e os caciques encaramados no goberno. Durante o multitudinario acto onde falaron obreiros e estudantes que con discursos enardecidos criticaban ao goberno pola súa actitude traidora cos dereitos de Galicia.

A prensa da época recolle ben o acontecido. Carnero Valenzuela comeza o seu discurso sinalando “que o goberno tomara unha medida ditatorial contra Galicia. Agregando que o propio Alcalde de Compostela ameazouno co cárcere se falaba en público sobre o tema. Por consideralo perigoso. Sinala que por encima de todo, Galicia demostra ben ás claras que está en pé, en aberta revolución para solicitar a súa liberdade, a súa autonomía e a súa independencia absoluta” cidadáns -termina o orador- neste momento non nos interesa a república federal española, senón a república galega. ¡A proclamala por encima de todos os caciquismo, de todos os gobernos civís, de todas as arbitrariedades dun poder central!”. Logo fai uso da palabra Eduardo Puente destacada anarquista que impulsase varios conatos revolucionarios en Chile e na Arxentina. Ao comezar o seu discurso é ovacionado polos asistentes. Puente rexeita os aplausos sinalando “ debían todos os cidadáns galegos concentrar no corazón e no cerebro esa forza espontánea que lles fai bater as mans. Que ditas mans sexan utilizadas para aforcar aos traidores”. Termino pedindo: “Unha Galiza soviética se fai falta”.

Logo intervirá Pedro Campos Couceiro recentemente chegado da Arxentina: “É preciso solicitar revolucionariamente, impetuosamente a Autonomía como Cataluña e Portugal, porque o Estado central átonos sempre, sempre nos abrayo baixo todos os sistemas e formas de goberno e agora en cuestión de dignidade e urxencia suprema aproveitar esa alma galega que vibra desesperada para facer a revolución, a verdadeira revolución, que pide saúde publica”. Termina baixo unha forte ovación.

"PROCLAMANDO A NOSA INDEPENDENCIA"

A continuación falou Alonso Ríos quen presidira a Asemblea Republicana. Informa que fai dous días estivera en Ourense intentado resolver o conflito do ferrocarril “Agora falo en Santiago para dicir unas poucas verdades, que han de aquilatar vosa desconfianza cara ao poder central acendendo o espírito revolucionario. Hai que facer a revolución na rúa e por todos os medios por que esgotaron xa todas as vías de solución humillantes. Nos gobernos civís acubíllase o máis denigrante caciquismo. As candidaturas formadas ata agora están chegas de caciques. A verdadeira vontade galega, democráticamente revolucionaria, aínda non deixou oír a súa voz, e eu xúrovos cidadáns a que unha vez fagamos a nosa revolución por encima de todos os poderes centrais habidos e por haber, proclamando a nosa independencia e abrazándose, si fai falta, cariñosamente Portugal nosa irmá".

E continúa un efusivo discurso. "Para todos estes galegos que souberon encumiarse sobre os vosos votos de enerxía e levaron a Madrid todo o seu espírito burgués. Para todos os galegos traidores, maldición cidadá, maldición e desprezo eterno. Eu xúrovos solemnemente que si chego ao parlamento pedirei con todas as miñas forzas a confección dunha constitución desexable, a consolidación dunha constitución anti-unitaria, que si non o fago permitirei e esixirei que ao meu regreso me fagades anacos. Só Galicia nos interesa. Os servidores máis leais que ela poida ter e mais que calquera. Galicia, é pola súa superioridade intelectual e pola súa vibración permanente un corazón forxado en decepcións e desenganos incomparables a ningunha outra rexión. Atendamos por conseguinte o seu chamamento e non sexamos fillos renegados. Cidadáns imos facer a revolución, si é preciso coas armas na man. A alma de Santiago, corazón de Galicia”. Termina Alonso Ríos dicindo “Galicia libre completamente libre e reivindicada”.

Os manifestantes marcharon coa comitiva revolucionaria ata o concello, esixindo a renuncia do alcalde e concelleiros, quen a presentaron sen gran resistencia. O presidente do Centro Republicano proclama a República Galega e asumiu o poder a Xunta revolucionaria onde Campos Couceiro era integrante da mesma e un dos seus ideólogos. A Xunta Revolucionaria require a presenza de Alonso Ríos para que asumise a presidencia do Estado Libre Galego. Alonso Ríos logo dun intercambio de ideas e malia a presión popular, cre que é apresurada a decisión, á espera de que outras cidades se sumen ao levantamento popular. Mentres tanto propón que se forme unha comisión delegada que negocie coas anteriores autoridades depostas para que reasuman o goberno municipal.

Unhas horas despois chegaba este telegrama onde o goberno cedía ante os reclamos populares: “Ministros da Gobernación e Mariña ao gobernador Civil. Temos o gusto de participar que acaba de aprobarse a fórmula de arranxo que permite continuar obras en todos os anacos do ferrocarril con igual ritmo que as ata aquí. Rógolle faga pública esta noticia advertíndose que a partir deste momento considerase o goberno como perturbadores e facciosos a cantos se obstinen en manter a axitación xa inxustificada. Adopte V.E. as medidas necesarias para reprimir con enerxía todo intento de perturbación nas eleccións ou na orde publico.”

Unhas horas despois iniciábase a xornada electoral, Galicia respiraba triunfante. A República Galega fora efémera aínda que se converteu nun fito histórico e puxera o semente da autonomía, e mesmo da autodeterminación. Un camiño que se seguiría despois para acadar o Estatuto de Autonomía en plena Guerra Civil. De feito, moitos daqueles políticos que fundaron a I República Galega acabaron ciscados en cunetas cun tiro na cabeza. Ese foi o caso de Eduardo Puente ou Modesto Pasín mentres que Carnero Valenzuela minutos antes de ser fusilado foi indultado por orde do mismísimo Francisco Franco. Alonso Ríos puido fuxir. Pasou meses polo rural galego facendose pasar por un xornaleiro portugués. Finalmente, acabaría fuxindo a Arxentina desde Lisboa. A súa peripecia quedou para a posteridade no libro "O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte". 

Manifestación a favor da república nos anos 30
Manifestación a favor da república nos anos 30
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

7 PODREIROS NON PINTA NADA

mentiras podres se sacaba mais cun deputado do BNG que con 5 do podreiros- (tamen chamada marea cando lles conven e cando non non) co BNG viñeron moitos millons de euros a Galiza, agora non veu nada, o miserento Waldo das JONS pableiras chamado antes coletas e agora caseiro dos 650 mil euros, non dixo que galiza fose nazon, dixo que era rexión española, a marea do podreiros esta para promocionara os típicos bailes rexionales e o folclore e algo si deixan de lingua vernácula todo dentro da constitución e nada fora da constitución... A MAREANTE E "REXIONALISMO BEN ENTENDIDO" seica incluso o vello calzons comenza a inquedarse polo pouco que pinta...

1 comunista independentista

Estás a admitir que o Bloque ía a Madrid tan só a pedir esmola? Non fai falla, xa o sabiamos. Toma a pastilla, Golzalo, que boa falla che fai. XDDDDDDD

2 ConselleiraDeGulags

No teu nível, dependentista. Nunca fallas, non nos faltes.

6 5Mrs

A ver se vos ocupades doutro mariconismo similar a este: a proclamación do comunismo libertario en Oleiros polo ano 33, que tamén durou unhas horas pero ao mellos vos fai ilusión.

5 Ferroviario

As obras do AVE ( que segue o mesmo trazado Zamora - Ourense, moi complicado entre Sanabria e Ourense, con tuneis seguidos ) non están paralizadas. Xa están rematadas entre Coruña e Ourense, e entre Zamora e Madrid, e case rematadas entre Zamora e Sanabria. Entre Coruña e Vigo xa hai un tren de alta velocidade. Xa se sabe que estramos no vran, e hai que encher papel, e buscar desesperadamente polémicas, pero podían ser ( se poideran, claro ) algo mais sutiles.

4 Valdeorras Nazón

El otro día en mi comunidad de vecinos hubo quien propuso segregarnos como municipio independiente, hartos de que el concello -PSOE/BNG/Podemos - sólo se ocupe de enchufar amiguetes y novi@s, de "financiar" proyectos "solidarios" y chorradas varias. No sé a que esperais para contarlo.

3 anonimo9031

Nunca se celebraron unas elecciones constituyentes de la II República Española. Antes hubo unas elecciones municipales que ganaron los monárquicos, pese a lo cual se proclamó una república. ¿El motivo? Sobre la marcha se cambian las reglas del juego y sólo los grandes centros urbanos cuentan. ¿Un hombre, un voto? ¡Ja! Las elecciones constituyentes, cuya celebración estaba prevista para después de las municipales, nunca se celebraron. En definitiva, una sucesión de ilegalidades.

1 antónimo9031

O legal é a monarquía: unha familia real como escollidos, polo sangue azul ou pola descendencia divina, que os coloca por riba dos demais mortais. E deben ser varóns, primoxénitos e lexítimos, que os bastardos non contan na herdanza. E será polos séculos dos séculos, amén. Terán inmunidade total, incluídos asuntos penais, fiscais, civiles e censura de prensa, pois as maxestades son intocables. E nun país de monarquía, se os Reis son felices sómolo todos, e comemos perdices.

2 anonimo9031

Guste o no, la constitución de 1978 fue aprobada en referéndum, y eso incluye la monarquía. Así es la izquierda de aquí: la legalidad es a la carta, sólo se acepta si gusta. Una pena que no hayamos tenido una pasada por el protestantismo, que tiene algunas cosas tan buenas como 'the rule of law', en vez de caudillos de un lado u otro.

3 antónimo9031

A ampla maioría dos que votastes e aprobastes a Constitución de 1978, elaborada baixo dictado dos militares franquistas que nomearon herdeiro al Borbón, estades mortos. O pior é que algúns aínda non vos enterastes!