Temas: CEMMA MAR

25 anos da revista 'Eubalena', en defensa dos cetáceos en augas de Galicia

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños celebra cinco lustros da súa publicación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/06/2018 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Hai 25 anos nacía a revista 'Eubalena', unha publicación impulsada pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) onde poder plasmar as actividades desta organización.

Varamento de balea común (Balaenoptera physalus) na praia de O Couto, Barreiros, Lugo, setembro de 2011
Varamento de balea común (Balaenoptera physalus) na praia de O Couto, Barreiros, Lugo, setembro de 2011 | Fonte: CEMMA.

Ao estilo dos vellos fanzines, a CEMMA foi elaborando nos seus primeiros números o que hoxe é unha revista de referencia para os científicos do mar. 

O primeiro número de Eubalena publicouse en xuño de 1993 con dous temas princiais: 'Inxestion de materiais plasticos e petroleo por cetaceos' e 'Mamiferos mariños e tartarugas mariñas varados ou capturados no ano 1992 en Galicia'.

"Seguramente non mantemos a regularidade desexada, nin contamos co financiamento axeitado para a súa edición, mais, con 14 números editados, a revista percorreu todo o mundo de punta a punta, recibindo moitos parabéns de inverstigadores que souberon recoñecer a inconsciencia, o atrevemento ou a valentía de abordar esta singradura", explican desde a CEMM, que celebran que esta revista se converteu nun "referente da ciencia en galego".

'Eubalena' é o órgano de expresión da CEMMA e inclúe traballos científicos ou de divulgación xenerados polos propios socios e socias da organización; ademais, convídase a todas as persoas que traballen directa ou indirectamente en temas relacionados con estes animais a publicar os seus traballos. A revista publícase en galego, e inclúe resumos en castelán, inglés e francés.

Temas: CEMMA MAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta