Stop Desafiuzamentos convoca unha concentración na Coruña pola "pasividade" do alcalde

Esta concentración de protesta terá lugar este luns, dous de xullo, fronte ao concello. A organización denuncia que os casos de afectados de Abanca "seguen sen solución".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2018 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

A organización Stop Desafiuzamentos convocou unha concentración de protesta para este luns dous de xullo na Coruña "ante a pasividade e compracencia con Abanca" do alcalde da localidade, Xulio Ferreiro, de Marea Atlántica. Segundo denuncia a entidade, a administración local solicitou ter coñecemento detallado dos casos contra Abanca. Posteriormente, reuníronse con Ferreiro e os concelleiros Xiao Varela e Silvia Cameán, o 27 de febreiro deste ano.

Protestas de Stop Desafiuzamentos durante un xuízo por violación
Protestas de Stop Desafiuzamentos durante un xuízo por violación | Fonte: Stop Desafiuzamentos

Tras remitirlles a información dos casos de afectados de Abanca para "o seu amplo coñecemento e a suposta oportuna mediación do Concello coa entidade", a organización lamenta que se segue "sen solución en ningún deles", mesmo despois de que xa se aprobou en pleno a súa moción antidesahucios.

De forma concreta, Stop Desafiuzamentos refírese ao caso dunha muller, soa e con dúas fillas menores, en situación de grave exclusión social, con ingresos duns 200 euros, á que se poxou a súa vivenda tras execución hipotecaria de Caixa Galicia. A organización pide a condonación da débeda 'ficticia' e o aluguer solidario na vivenda. Outro dos casos é o dun home e unha muller, con execución hipotecaria de NGC-Banco, por débeda de 1.800 euros sobre única vivenda habitual, sendo unha situación de "familia acreditada en exclusión con persoa en grave discapacidade". En terceiro lugar, Stop Desafiuzamentos fai referencia á situación dun home con dous familiares menores, que sufriu "un lanzamento xudicial en 2017".

A protesta convocouse fronte ao Concello, ás 16,30 horas do 2 de xullo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta