Por Galicia Confidencial | Madrid | 05/04/2011 | Actualizada ás 17:54
O director Juan Falque analiza en "Piratas!" a orixe da piratería actual en Somalia e trata de analizar porque a información que chega deste país é "fragmentada, distorsionada e manipulada".
Así, remontase aos anos 90, cando estala a guerra civil neste país do corno de África. Entón, e sen estado, diversas potencias pesqueiras de todo o mundo acoden aos caladoiros somalís a pescar sen ningún tipo de control. E non só van os barcos pesqueiros senón os barcos con residuos químicos, industriais e mesmo nucleares.
Residuos de plutonio
O tsunami de 2004 en Indonesia arrastra a costa de Somalia centos de bidóns tóxicos, algúns deles con residuos de plutonio, o que provoca a contaminación das augas, da fauna mariña e a morte de moita xente.
Ante esta impunidade, as comunicades locais organízanse e crean unha especie de garda costeira para, nun primeiro momento, afastar das súas augas aos barcos estranxeiros. Esa acción deriva no hoxe se coñece como piratería internacional.
¡Piratas! from Juan Falque on Vimeo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.