PSA Vigo nega que vulnere o dereito de conciliación e redución da xornada

A dirección destaca que a representación feminina na factoría está "seis puntos por enriba" da media da industria de automoción en España, e lembra que os mecanismos de igualdade e conciliación "se pactan cos sindicatos".

Por E.P. | VIGO | 09/07/2018 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

A dirección de PSA Peugeot Citroën en Vigo destacou que a representación feminina na factoría está "seis puntos por enriba" da media da industria de automoción en España, e lembrou que os mecanismos de igualdade e conciliación "se pactan cos sindicatos".

Planta de PSA Citroën en Vigo
Planta de PSA Citroën en Vigo | Fonte: citronoticias.com

Fontes da empresa trasladaron así as súas discrepancias coas afirmacións realizadas pola CIG, que este luns denunciou unha "clara vulneración ao dereito de conciliación e tamén ao de redución de xornada" na factoría, por mor do que convocou unha concentración e presentou unha denuncia que derivou nun xuízo.

As fontes da empresa puxeron en valor que a representación feminina en Vigo é do 20%, mentres que en España atópase no 14%. Ademais, explicaron que as condicións da conciliación, que se regulan cun acordo en vigor desde o ano 2009, foi subscrito pola maioría da representación sindical.

Neste ámbito, comunicou que nos últimos 10 anos unha media de 75 persoas ao ano beneficiouse das condicións de redución de xornada e elección de quenda que están contempladas no acordo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta