A Xunta fará un funeral institucional na Catedral o 23 de xullo e o PP homenaxeará a Albor o 7 de setembro

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Goberno galego celebrará un funeral institucional na Catedral de Santiago o próximo 23 de xullo, en vésperas á celebración do Apóstolo, para despedir ao expresidente autonómico Gerardo Fernández Albor, falecido este xoves aos 100 anos de idade. Será ás 18,00 horas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Ademais, coincidindo coa data na que cumpriría 101 anos, o Partido Popular de Galicia honrará ao que foi o primeiro presidente autonómico, como confirmou Feijóo ás portas do tanatorio de Boisaca, en Santiago, onde acudiron numerosas autoridades e personalidades para dar o adeus ao médico e "humanista".

Funeral de Gerardo Fernández Albor en Santiago
Funeral de Gerardo Fernández Albor en Santiago | Fonte: Europa Press

Así, ao longo da mañá deste venres acudiron á capela ardente o expresidente do Goberno Mariano Rajoy, a presidenta do Congreso, Ana Pastor, os candidatos para presidir o PP Pablo Casado e Soraya Sáenz de Santamaría, o secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado, o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, os conselleiros Román Rodríguez e Beatriz Mato, a deputada e expresidenta da Cámara Pilar Rojo e outros cargos e dirixentes populares.

Ademais, tamén acudiron os expresidentes Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño, o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, outros cargos socialistas e o nacionalista Camilo Nogueira, con quen compartía a visión europeísta.

Así, numerosas autoridades e personalidades arrouparon á familia de Albor, que foi enterrado como era o seu desexo, co tres bandeiras: a galega, á cabeza, a española, no centro e a europea, aos pés de féretro.

Temas: PP ALBOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta