O esforzo de innovación e dixitalización das empresas galegas ten premio

No Premio Peme do Ano 2018 da Coruña resultaron finalistas 11 negocios, que serán sometidos á valoración do xurado seguindo determinados parámetros: a creación de emprego, a actividade internacional, a dixitalización e innovación...

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 16/07/2018 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

11 empresas resultaron finalistas no Premio Peme do Ano 2018 da Coruña, convocado polo Banco Santander, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio da Coruña en colaboración co diario La Voz de Galicia. En toda España rexistráronse un total de 567 empresas.

Innovación
Innovación | Fonte: Xunta.

A presentación de candidaturas pechouse o pasado 29 de xuño e nos próximos días o xurado comezará a avaliar a documentación recibida para seleccionar a gañadora. Nesta edición do Premio Peme do Ano da Coruña poderanse conceder ata tres accésits nas categorías de Internacionalización, Dixitalización e Innovación e Formación e Emprego. Nas súas deliberacións, o xurado valorará méritos como a creación de emprego, as accións de formación para os seus empregados, a actividade internacional e as iniciativas de dixitalización e innovación.

A Peme do Ano da Coruña concorrerá ao Premio Peme do Ano 2018 a nivel nacional que se fallará no primeiro trimestre do ano próximo. Coa convocatoria deste Premio, as Cámaras de Santiago e A Coruña e o Banco Santander pretenden recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián.

PREMIO PEME DO ANO 2017

A primeira edición do premio Peme do Ano contou con 184 pemes finalistas. Entre elas elixiuse ás 23 empresas que se converteron en Peme do Ano 2017. En todos os casos trátase de pequenas e medianas empresas que destacan pola súa traxectoria e a incorporación de innovacións aos seus procesos de produción ou comercialización. Pertencen a sectores moi diversos, desde o agroalimentario á maquinaria, e en moitos casos convertéronse en referentes da actividade económica da súa provincia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Paloma

Estoy totalmente de acuerdo. la digitalización en las empresas actuales es algo fundamental para ser competitivas de cara al futuro. Es muy importante también asegurarse aprender inglés en el extranjero con agencias que realmente tienen experiencia en el sector. Todos los puestos de trabajo medios o altos exigen este idioma para acceder a ellos.

1 ana

excelente iniciativa, desde la digitalización hasta la posibilidad de tomar los cursos de idiomas en el extranjero aprender un nuevo idioma impulsa tus posibilidades de encontrar empleos competitivos hasta en un 40%.