Temas: BETANZOS

O alcalde de Betanzos di adeus á política tras 30 anos no concello

Alega motivos "persoais" e suliña que as causas que motivaron a súa decisión "incrementáronse no último mes e medio ou dous meses" e impídenlle "facer un labor diaria de interese ao municipio".

Por Galicia Confidencial | Betanzos | 17/07/2018 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

O alcalde de Betanzos (A Coruña), Ramón García, presentou este martes a súa dimisión como rexedor local por motivos "persoais", despois de sete anos á fronte do goberno local e 30 no grupo municipal socialista.

O xa ex alcalde de Betanzos,  Ramón García
O xa ex alcalde de Betanzos, Ramón García | Fonte: EP

Nunha rolda de prensa, Ramón García explicou que estas circunstancias que agora o motivan a abandonar o Consistorio "incrementáronse no último mes e medio ou dous meses" e impídenlle "facer un labor diaria de interese ao municipio". "Creo que é bo para o meu e para Betanzos", asegurou.

Deste xeito, o que formou parte da corporación local desde 1987 explicou que a renuncia se fará efectiva no pleno do próximo martes, día ata o que será alcaldesa en funcións a concelleira María Barral.A partir de aí, designarase un novo alcalde a partir das cabezas de lista dos grupos municipais, segundo establece a lei, nunha sesión de investidura.

De igual modo, Ramón García manifestou a súa "honra" por ser o rexedor do municipio coruñés e agradeceu o traballo dos seus compañeiros de goberno, dos traballadores do Consistorio e do resto de grupos do pleno, dos que destacou o "respecto" co que sempre trataron con el.

Temas: BETANZOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta