Temas: ALFONSO RUEDA PP

Alfonso Rueda pronunciarase sobre a súa preferencia antes do congreso do PP

Alfonso Rueda fará isto "en coordinación" coa "dirección autonómica" e "demais compañeiros".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2018 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, deu por feito este mércores que "en coordinación" coa dirección "autonómica", polo menos no seu caso, pronunciarase sobre as súas preferencias no congreso antes da celebración do conclave que se celebra a fin de semana e no que votará o próximo presidente nacional do partido entre Soraya Sáez de Santamaría e Pablo Casado.

Alfonso Rueda en rolda de prensa en Ourense
Alfonso Rueda en rolda de prensa en Ourense | Fonte: Europa Press

"El fixo o seu pronunciamiento (por Manuel Baltar); o resto dos presidentes provinciais é certo que aínda non o fixemos, polo menos publicamente. Pero eu supoño que, en coordinación co partido a nivel autonómico, este pronunciamiento farase antes do congreso; xa estou a falar a título persoal", manifestou en declaracións aos medios en Ourense, ao preguntar polos seus apoios e polo caso concreto do presidente do PP ourensán, que xa desvelou que apoiará a Santamaría. Precisamente, este mércores, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo que sondará até o venres aos presidentes do PP nas catro provincias para coñecer a opinión da "maioría" dos compromisarios, pero non aclarou se antes do congreso dará a coñecer o seu apoio. Iso si, precisou, saberase o que opina o groso dos delegados galegos que acudirán a Madrid.

"Insisto, en coordinación, polo menos nos tempos, co resto dos compañeiros e este pronunciamiento, en principio, poderá ser feito antes do venres. E aquí estou a falar por min mesmo, e ao final o que estarei a expresar é entre dous compañeiros que me parecen dous magníficos compañeiros", indicou. A isto engadiu: "E, ao final,  cada un pode ter as súas preferencias e non pasa nada porque se expresen publicamente, igual que non pasaría nada se non se dixesen, porque a xente ao final vai votar o que estime máis conveniente". Así as cousas, Rueda deu por suposto que este pronunciamiento "se fará, polo menos no seu caso" e "coordinando os tempos", antes da celebración do congreso. "Despois non tería moito sentido", apostilou.

"O IMPORTANTE É ACERTAR"

"O importante é acertar, xa que a elección vai supor o futuro dun partido que quere volver ao Goberno", destacou o vicepresidente do goberno galego no salón de plenos do Concello de Ourense, despois de presentar un proxecto de colaboración co ente municipal. Así mesmo, quixo agradecer aos dous candidatos á presidencia a nivel nacional do PP, Soraya Sáenz de Santamaría e Pablo Casado, que estivesen en Galicia en dúas ocasións para expor as súas ideas antes os militantes da Comunidade.

APOIO PÚBLICO DE BALTAR A SANTAMARÍA

Sobre o apoio público do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, a Santamaría --efectuado este martes--, Rueda sinalou que é "algo absolutamente respectable e entendible" que se situou "de forma persoal". "Cada un decide os seus tempos". En todo caso, lembrou que o voto é "secreto", polo que cada votante poderá decidir "o que crea conveniente entre as dúas candidaturas" no Congreso Extraordinario do PP, que se celebrará este venres e sábado e no cal Galicia contará con 327 compromisarios, 279 deles electos, e repartidos da seguinte forma: 84 de Pontevedra, 78 da Coruña, 73 de Ourense e 44 de Lugo.

Temas: ALFONSO RUEDA PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Como sigan desfollando a margarida van ter que chamar a Mariano para que volva o Chuchameles...