Gonzalo Hermo, premiado por Afundación pola súa poesía "sobria e contida"

O poeta de Taragoña, en Rianxo, obtivo o recoñecemento dun xurado composto por escritoras e escritores e verá publicada a súa obra na colección "Arte de Trobar".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/07/2018 | Actualizada ás 23:47

Comparte esta noticia

A procura do salvaxe a través do recurso dun misticismo estético. Iso é o que podemos atopar, en palabras do xurado, na obra gañadora da XVI edición do Premio de Poesía Afundación. Un premio que se lle outorgou ao poeta Gonzalo Hermo, de Taragoña, en Rianxo; elixido entre os 31 orixinais inéditos que se presentaron á convocatoria. Segundo o xurado, unha peza que "ofrece desde a sobriedade e a contención un regreso á natureza que incorpora o autobiográfico e o metapoético".

Gonzalo Hermo
Gonzalo Hermo | Fonte: Cedida.

Así, o poeta gañou o Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia  e co patrocinio da Xunta de Galicia. Ao tempo que acadou o recoñecemento dun xurado composto por escritores e escritoras: Alba Cid e Estíbaliz Espinosa (gañadora da anterior edición); Xosé Ramón Pena, escritor; Xabier Castro Martínez, escritor e secretario do xurado; e Luís González Tosar, presidente do Centro PEN de Galicia e presidente do xurado. Ademais, no acto estiveron presentes Anxo Lorenzo Suárez, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia e Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación.

Pola súa banda, Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación, tras felicitar
ao autor premiado, destacou que «a nosa entidade considera imprescindible e estratéxico para a cultura e a lingua galegas fomentar o coñecemento do xénero poético a través deste premio literario. Con esta misión e obxectivo iniciou a súa andaina no ano 2002. Desde entón ten no seu haber máis dunha ducia de libros de poemas de autores noveis e consagrados que se agrupan na colección «Arte de Trobar» que edita o Centro PEN de Galicia». Marité Cores, quen gabou a imprescindible colaboración entre institucións subliñou que, «por todos estes motivos é un ano máis un orgullo para nós anunciar un novo nome gañador para incluír na xa ampla nómina de poetas galardoados».

Mentres, o secretario xeral de Cultura, felicitou ao gañador e gabou «o labor do xurado»
sempre tan difícil cando, «como pasa neste premio, as obras a concurso teñen unha calidade
media moi elevada
». Anxo Lorenzo amosouse moi orgulloso da colaboración do
departamento que dirixe con este certame «un investimento moi frutífero no presente e o
futuro da nosa lírica poética».

«A colaboración e a suma de esforzos entre administracións, institucións e cidadanía resulta
imprescindible para o desenvolvemento da cultura e para mantela en constante avance nas
súas diferentes manifestacións», asegurou Lorenzo.

O PREMIO

O galardón, que implica a publicación do libro seu libro "A vida salvaxe" na colección «Arte de trobar» e unha dotación económica de 6000 euros. comezou o seu percorrido no ano 2002 a instancias do PEN Club de Galicia e de Afundación. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Vale Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña ou Estíbaliz Espinosa, gañadora da anterior convocatoria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta