Reimplantan con éxito o brazo a un operario do Porto de Marín que o seccionou días atrás cunha carretilla

"Un fallo mecánico" provocaron o accidente laboral.

Por E.P. | VIGO | 19/07/2018 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O Hospital Povisa de Vigo reimplantou con éxito o brazo a un traballador de 32 anos de idade que a principios deste mes sufriu un grave accidente laboral no porto de Marín cando trasladaba palés cunha carretilla elevadora.

Reimplantan con éxito un brazo seccionado nun accidente laboral. HOSPITAL POVISA
Reimplantan con éxito un brazo seccionado nun accidente laboral. HOSPITAL POVISA | Fonte: Europa Press

De acordo co centro hospitalario, os feitos ocorreron o pasado 6 de xullo, cando o mozo, chamado Víctor Santiago, manipulaba unha carretilla elevadora. "Por un fallo mecánico", os ganchos da carretilla esborralláronse sobre o seu brazo esquerdo e seccionárono por baixo do cóbado.

O operario foi trasladado de urxencia por unha ambulancia medicalizada do 061 até Povisa, onde foi intervido por un grupo composto por cinco especialistas, entre cirurxiáns plásticos e reconstructores, traumatólogos e anestesistas.

No transcurso das nove horas de operación, uniuse o óso con placas e parafusos, se reconectaron arterias e veas para recuperar a irrigación, e suturáronse nervios, músculos e tendóns. Tras iso, permaneceu 24 horas na Unidade de Coidados Intensivos, e posteriormente pasou á planta de hospitalización.

O hospital destacou que, despois de varios días dende a intervención e pasada xa a primeira semana crítica, "o paciente evoluciona favorablemente e será dado de alta nos próximos días, antes de iniciar o seu período de rehabilitación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta