Narón celebra este xoves o Día dos Avós e as Avoas con cine e coloquio

O cineforum terá lugar na Residencia de Maiores DomusVI en Narón.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/07/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Asociación Sociocultural ASCM e a Residencia de Maiores DomusVI Narón colaboran este ano na celebración do Día dos Avós e as Avoas - 26 de xullo - para "render homenaxe a quen a día de hoxe seguen sendo extraordinariamente importantes para as familias", aseguran. A iniciativa céntrase na organización dun cineforum no DomunVI Narón no que se proxectará a película Avó Made in Spain, dirixida por Pedro Lazaga e protagonizada, entre outros, por Paco Martínez Soria, Florinda Chico e Monica Randall.

Parella De Anciáns Paseando
Parella De Anciáns Paseando

Despois da proxección da película, que comezará ás 11:00 horas, celebrarase un coloquio no que se analizará do papel dos avós e as avoas na familia actual, e a necesidade de promover iniciativas de envellecemento activo que favorezan o benestar dos nosos maiores. Participarán neste foro residentes do centro de maiores de Narón, algúns ata con 17 netos, e outros sen descendencia, de maneira que sexa posible realizar unha análise destas cuestións desde diferentes perspectivas. Por parte da ASCM, intervirá neste coloquio a voluntaria de máis idade: Cristina Naveiras. "Unha muller que, aos seus 80 anos, se mantén plenamente activa colaborando ao máximo en todas as actividades que organiza a nosa entidade", comentan dende a asociación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta