A gasolineiras automáticas farían baixar 10 céntimos o litro de carburante en Galicia

A Asociación Nacional de Estacións de Servizos Automáticas (Aesae) valorou positivamente a decisión da Xunta de facilitar a apertura de gasolineiras automáticas en Galicia, ao entender que permitirá "aumentar a competencia" e diminuír os prezos dos carburantes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2018 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

A Asociación Nacional de Estacións de Servizos Automáticas (Aesae) valorou positivamente a decisión da Xunta de facilitar a apertura de gasolineiras automáticas en Galicia, ao entender que permitirá "aumentar a competencia" e diminuír os prezos dos carburantes. Nun comunicado emitido este martes, Aesae afirmou que a modificación permitirá incrementar a competencia co que sosteñen que os prezos do carburante poderán diminuír unha media de 10 céntimos o litro.

Surtidor de gasolina
Surtidor de gasolina

O presidente da patronal, Manuel Jiménez Perona manifestou que é unha "buenísima noticia", xa que se converterá nun "mercado con competencia real". De igual modo, este cambio permitirá ás familias galegas aforrar unha media de 320 euros anuais, segundo apuntou o presidente.

No entanto, Jiménez Perona declarou que "seguirán moi perto o asunto", porque "non sería a primeira vez que a Xunta di algo e que logo non o cumpre". Nese sentido, a asociación lembrou que nunha reunión coa Consellería de Economía o pasado marzo prometéuselles a aprobación de "un código de boas condutas para axilizar as aperturas en breves", pero esta aínda non se creou.

Por outra banda, a patronal declarou que, "se as expectativas se cumpren", non levarán á Administración galega ante a Comisión Europea, como anunciou o pasado xuño nunha rolda de prensa. Así mesmo, a entidade de gasolineiras automáticas apuntou que as "trabas lexislativas" provocaron "perdas importantes de investimento" e que a normativa galega vixente "espanta futuros investimentos que van en beneficio do consumidor".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Carlos G.

Es perfectamente razonable que haya una diferencia económica entre el servicio atendido y el realizado por gasolineras automáticas.

1 Leike

Iso, iso, traballadoras e traballadores fóra, que sobran. Para galeguiños e galeguiñas xa está a emigración.