A familia Franco terá que pagar os recibos pola tumba no cemiterio de Catabois

O rexedor ferrolán afirmou que este requirimento se fará segundo "contemplan as ordenanzas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2018 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

O Concello de Ferrol segue avanzando no proceso de regularización da tumba da familia Franco Baamonde situada no cemiterio municipal de Catabois. O alcalde, Jorge Suárez, declarou este martes que o primeiro que farán será "virar os recibos correspondentes", polo que realizarán á familia Franco "un requirimento de pago" tal e como "contemplan as ordenanzas."

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.. Europa Press - Arquivo
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.. Europa Press - Arquivo

No caso de que a familia Franco non abone esta cantidade requirida polo Consistorio, o rexedor local afirmou que "a concesión reverterá a titularidade municipal." Jorge Suárez tamén deu a coñecer que "hai outra vía" para que o consistorio poida facerse coa titularidade desta tumba, que sería "revogar o acordo que se tomou na comisión de goberno de 1967".

Así, o alcalde recoñeceu que "as concesións públicas non se poden regalar e deben seguir os trámites administrativos perceptivos", porque esta tumba foi concedida "pola súa suposta condición de fillo ilustrísimo de Ferrol", algo que o rexedor local afirmou que "non é digno" e tampouco é "libre nunha democracia manter este tipo de privilexios".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta