Temas: MORTE AFOGAMENTO

Galicia é a comunidade na que máis persoas faleceron por afogamento en xullo

Xullo convértese no mes con máis vítimas mortais en España por esta causa, con 58 falecidos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/08/2018 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

Un total de 29 persoas faleceron por afogamento ao longo do mes de xullo en Galicia, cifra que sitúa á galega como a comunidade na que máis mortes se rexistraron, segundo o Informe Nacional de Afogamentos que elabora a Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo (RFESS).

Rescate na praia do Ancoradoiro, en Muros. EUROPA PRESS - Archivo
Rescate na praia do Ancoradoiro, en Muros. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Este documento sinala que xullo se converteu no mes de 2018 con máis falecidos por afogamento en espazos acuáticos españois, cun total de 58 vítimas mortais. Ademais, é o período con máis mortes desde agosto do ano pasado, cando se deron 71 vítimas. A pesar diso, supoñen case un 39% menos que as rexistradas en xullo de 2017, mes no que houbo 95 afogados, 37 vítimas mortais máis.

E é que xullo de 2017 foi o mes con máis falecidos no histórico do Informe Nacional de Afogamentos, que se leva a cabo desde xaneiro de 2015, mentres que o mesmo período deste 2018 é o sétimo con máis vítimas mortais por afogamento nos 43 meses estudados, por detrás do citado xullo de 2017; xullo de 2015, en que se produciron 85 mortes; agosto de 2017, con 71; agosto de 2015 e xuño de 2017, con 70 cada un; e agosto de 2016, con 60.

A cifra de xullo de 2018 eleva até 184 as persoas que perderon a vida por afogamento nos espazos acuáticos españois desde xaneiro. Con todo, contabilizáronse case un 40 por cento menos de mortes que á mesma data de 2017, cando se sumaban 306 falecidos por afogamento, 122 vítimas máis.

O perfil da persona afogada este ano é a dun home (77%), de nacionalidade española (72%), de 65 ou máis anos (41,9%), que perdeu a vida nunha praia (44%), en calquera caso nun espazo acuático sen vixilancia ou servizo de socorrismo (89%) e entre as 10.00 e as 20.00 horas (67,9%).

DATOS POR COMUNIDADES

Por primeira vez no ano, Galicia é a comunidade autónoma con máis falecidos (29), o 15,8 por cento do total; por diante de Canarias, que fora o territorio español con máis mortes entre xaneiro e xuño deste ano, e que agora se coloca en segundo lugar con 27 vítimas mortais e o 14,7 por cento.

Séguenlle Andalucía (23 falecidos), Cataluña (22), Comunidade Valenciana (17), Baleares (16), País Vasco (9), Aragón, Asturias e Castela e León (7, en ambas), Cantabria e Murcia (4, en cada territorio), Castela-A Mancha e Comunidade de Madrid (3, en cada rexión), Estremadura e Navarra (2, en cada comunidade) e A Rioxa e a Cidade Autónoma de Ceuta (1), mentres que en Melilla non se rexistrou ningún suceso mortal destas características.

Temas: MORTE AFOGAMENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta