Propoñen xulgar a seis directivos da desaparecida Caixanova por operacións inmobiliarias

Entre eles, está o expresidente Fernández Gayoso e outros responsables da entidade que xa foron condenados por indemnizacións

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/08/2018 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela procesou a seis directivos da extinta Caixanova, entre eles o expresidente Julio Fernández Gayoso, polas irregularidades nunhas operacións inmobiliarias na localidade madrileña de Rivas-Vaciamadrid que ocasionaron un prexuízo á entidade de 41,8 millóns de euros.

Membros da cúpula de Caixanova xulgados nos tribunais
Membros da cúpula de Caixanova xulgados nos tribunais | Fonte: elconfidencial.com

Nun auto de transformación das dilixencias en procedemento abreviado, con data de este luns, e co que a maxistrada conclúe a instrución, considera que Fernández Gayoso; o director xeral, José Luís Pego; o director da División Comercial Gregorio Gorriarán; o director da División de Planificación Financeira e Control, Domingo González Mera; o director do Comité de Investimento Irregular, José González Rodríguez, e o da Unidade de Reestruturación, Isaac Alberto Miguel Lourido cometeron con estes investimentos o presunto delito societario continuado na súa modalidade de administración desleal de xestión de patrimonio social.

Precisamente, a Audiencia Nacional condenou a 2015 a dous anos de prisión a Gayoso, Pego e Gorriarán xa foron condenados en 2015 polo cobro de indemnizacións millonarias que se concederon a si mesmos antes de abandonar a entidade, prevendo que a entidade ía prescindir dos seus servizos de forma inminente.

O FROB INFORMOU DE PRÁCTICAS IRREGULARES

No seu auto, a maxistrada --que previsiblemente en setembro se incorporará á súa praza recentemente asignada na Sala do Penal do Tribunal de Supremo-- examina as operacións sospeitosas e conclúe que a financeira inmobiliaria Proinova SLU e Caixanova, hoxe Abanca, resultou prexudicada patrimonialmente cunha contía que ascende a 41.853.839 euros a favor do grupo COPASA.

No ano 2007, Caixanova concedeu un préstamo hipotecario á sociedade Rivas ACI SL --creada para levar a cabo o proxecto urbanístico e participada por varias mercantís vinculadas á caixa extinta-- polo importe de 67.100.000 euros, a pesar de que a mercantil aínda non adquirira aínda as parcelas e sen facer ningún tipo de análise de solvencia da empresa, nin "distinguir o valor entre as leiras". Debido a que Rivas ACI non cumpriu co seu compromiso de satisfacer a débeda, os directivos de Caixanova decieron facer reestruturacións das condicións do préstamo, sinala o auto.

Ademais de analizar todas as operativas, o xuíz lembra que o informe de análise elaborada por PWC calcula eses prexuízos ocasionados a Caixanova na operación final de compravenda das parcelas pola financeira Proinova e a seguinte operación de venda das parcelas á sociedade Vivendas e Obras Civís, vincualada a COPASA.

O FROB ADVERTIU DAS IRREGULARIDADES

A titular do Xulgado Central de Instrución número 3 abriu este procedemento após admitir a trámite unha denuncia presentada pola Fiscalía Anticorrupción despois de que en outubro de 2014 o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), dependente do Ministerio de Economía, puxese en coñecemento unha serie de prácticas da entidade supostamente irregulares. Doutra banda, a resolución acorda o arquivo das actuacións respecto de 12 persoas que se atopaban investigadas, a petición da Fiscalía, e rexeita as solicitudes de arquivo dos investigados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta