Fiscalía leva ao Supremo o seu caso tras darlle a ONU a razón á paciente. A demandante pide unha indemnización de 150.000 euros ao Estado por danos físicos e psicolóxicos polo proceso administrativo e xudicial
  comenta   2
Miguel Anxo Fernández Lores (Vilalonga) é alcalde de Pontevedra desde 1999. Hai quen apunta á lonxevidade da súa presenza no Concello como algo contraditorio vindo da formación política en que milita, BNG. A proposta que el lanza é: "estamos nunha nova etapa que pode chegar aos 10 anos para completar o proxecto de cidade". Perdeu parte da súa confianza na Xustiza cando o Tribunal Supremo avalou a presenza de Ence na ría, algo que realmente lle doeu. Di sentirse con moitas forzas para continuar e converter Pontevedra nunha referencia mundial. Cre que hai forzas cun grande interese en desfacer o feito en vinte e catro anos.
  comenta   3
A AN pide explicacións de por que saíu o buque sen a súa autorización. Os familiares, que pedían que partira inmediatamente, critican agora que o fixera sen a autorización da Audiencia Nacional.
  comenta   0
A AN declara que a empresa acolleuse á figura de cooperativa para eludir a aplicación de normas fiscais e laborais menos beneficiosas.
  comenta   0
Os dous principais 'xefes' da organización desarticulada son históricos narcotraficantes con antecedentes policiais por este tipo de delitos, segundo precisaron fontes da investigación.
  comenta   0
A operación contra o narcotráfico de Pontevedra sáldase con 10 detidos e 220 quilos de cocaína incautados. O grupo distribuía droga por toda España e Portugal.
  comenta   0
Tamén sostivo que os servizos xurídicos son os que deberán determinar "a forma de actuar" tras a sentenza do Tribunal Supremo respecto a Pérez dos Cobos
  comenta   0
O delegado do goberno, José Miñones, evitou pronunciarse sobre a posible relación co narcosubmarino de Arousa: "Deixemos traballar ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado"
  comenta   0
Pedirá que o proceso xudicial volva á Audiencia Nacional e que teña en conta os outros "motivos" que alegaba o goberno local para a saída da pasteira
  comenta   0
A maxistrada que emitiu o voto particular denuncia que a prórroga á papeleira "producirá un sistema transitorio dun século de duración". Ence destaca que a sentenza é "firme, que senta xurisprudencia e que avala a validez da prórroga". Lores anuncia recursos porque a xente en Pontevedra está "molesta".
  comenta   0
Cando Alfonso Rueda -poucas horas antes de que o Tribunal Supremo ditase sentenza sobre diversos recursos presentados a respecto da presenza de ENCE na ría de Pontevedra- afirmou que estabamos ante " algo mais que unha empresa" non solemnizaba a evidencia da condición singular dunha entidade que posúe unha longa historia conflitiva senón que estaba asumindo a dirección pública do conglomerado de empresarios e colectivos defensores da continuidade de ENCE na súa ubicación actual e, xa que logo, manifestando unha explícita belixerancia contra os sectores que veñen cuestionando a pertinencia de semellante localización industrial.
  comenta   0
Pedirán o ingreso inmediato en prisión dos condenados e que se deriven responsabilidades, para que poder cobrar as indemnizacións
A empresa estima un impacto positivo de 169 millóns no beneficio neto de 2022 tras a sentenza do Supremo. Rueda pide a Lores que cese co "acoso" á empresa e CC.OO. amosase encantado coa decisión do TC e pide máis pasteiras na ría de Pontevedra.
  comenta   1
Acusa ao PP e á Xunta de "carecer dunha política industrial moderna" e apostar por unha política "depredadora do medio ambiente".
  comenta   0
O goberno di que acatará a sentenza. A empresa sobe un 27% en Bolsa tras avalar o Supremo a súa continuidade en Pontevedra .
  comenta   1
O alto tribunal estaca que a prórroga do Goberno de Rajoy contaba con "informes favorables da Administración". Ence, Alfonso Rueda e o Concello de Marín celebran a decisión que recibe moitas críticas de entidades ecoloxistas.
  comenta   0
O 'caso Alcoa' comezou a finais de 2020, cando a Confederación de Cadros Profesionais (CCP) presentou unha querela, á que posteriormente se sumaron os demais sindicatos, "pola existencia de diversas irregularidades" na venda das fábricas.
  comenta   0
UGT espera que a xustiza sexa consciente da importancia do emprego. O vicepresidente da Xunta e o presidente da patronal galega esperan que a resolución xudicial sexa "favorable". empresarios do sector da madeira e deputados do PP apostan porque quede na ría.
  comenta   3
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anunciou o rexistro de novas iniciativas parlamentarias para que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana realice todas as actuacións necesarias para a reparación e a mellora da seguridade viaria da N-6, que une A Coruña con Madrid.
O arrestado é "altamente perigoso" e ten pendente cumprir un total de 40 anos en prisión polos numerosos delitos cometidos en Colombia.
  comenta   0