Alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol, Podemos, BNG, Anova e EU súmanse contra a tauromaquia en Galicia

Fundación Franz Weber pide ao PP que "avale a posición maioritaria da cidadanía" e desista do "bloqueo" para acabar co "cruel" evento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2018 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Os alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol; a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos; o portavoz nacional de Anova Antón Sánchez e a coordinadora nacional de EU, Eva Solla, son algúns dos cargos electos que xa se sumaron á campaña contra a tauromaquia '#ChegouOMomento', desenvolvida pola plataforma 'Galicia, Mellor Sen Touradas' e a Fundación Franz Weber.

Cartel da campaña '#ChegouOMomento' contra a tauromaquia.. PLATAFORMA GALICIA, MELLOR SEN TOURADAS
Cartel da campaña '#ChegouOMomento' contra a tauromaquia.. PLATAFORMA GALICIA, MELLOR SEN TOURADAS | Fonte: Europa Press

Nun comunicado, as organizacións promotoras da iniciativa destacaron que o obxectivo é "acabar coas corridas de touros e capeas no territorio galego", e aseguraron que esta campaña "é a máis plural das que se desenvolveron até o momento". Así mesmo, indicaron que buscan soporte noutras formacións, como o PSdeG, e apelan ao PP sobre o seu posicionamento público.

Nesta liña de actuacións, as entidades animalistas lanzaron, a través da web 'Osoigo.com' unha "pregunta aberta" a todos os grupos parlamentarios, pero, tal e como sinalou, "en especial ao PP". Ademais, lembraron que o 99,7% dos galegos non participou destes espectáculos e, "por tanto, non hai escusas para non tramitar unha iniciativa abolicionista".

Así mesmo, aseguraron que á iniciativa "non lle faltan apoios cidadáns", xa que a petición dirixida á cidade de Pontevedra para erradicar a feira taurina local, suma máis de 129.000 firmas na plataforma 'Change.org'; mentres que a proposta contra capeas e novilladas ascende por encima das 67.000, lembrando estas prácticas en concellos como Moraña ou Valga.

BLOQUEO DO PP PARA TERMINAR CO ESPECTÁCULO

En concreto, animalistas e abolicionistas apuntaron a "necesidade" de que "todas as formacións políticas na cámara galega avalen unha posición maioritaria da cidadanía", xa que resulta "inexplicable" que o PP, con 41 deputados, "bloquease nos últimos anos até dúas proposicións lexislativas para acabar cun espectáculo tal cruel".

Así, as organizacións impulsoras de '#ChegouOMomento' tamén instaron á Xunta a "manter un control exhaustivo" sobre o cumprimento da lei de espectáculos públicos, en relación á prohibición do acceso a menores de 12 anos á praza de touros de Pontevedra, desde este domingo 5 de agosto, primeiro de feira; así como con respecto á publicidade, que incumpriría os contidos mínimos obrigatorios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Guillerme Gintonic

Demagoxia BNG : A única cidade galega onde se celebran touradas é Pontevedra e a Praza de Touros recibe subvención do Goberno MUnicipal do BNG

1 MaikelborrachoideNoia

"Alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol, Podemos, BNG, Anova e EU" Que puta-dón de titular para Gonzalito "El Vie-iras de Wal-do de las JONS". Entre moitas das súas fobias enfermizas, meteron as siglas do seu adorado BNG, Agora estará a colapsar coa dúbida sobre se vomitar a súa bile anti-mareas "de Podre-iros" ou non. Ánimo Gonzalito e toma a pastillita!

1 comunista independentista

Neste xornal están compinchados co GolfiñoMerendiño de Santi-AGE contra o bo de Gonzalo el VieirasTóxicas.