Temas: RIBEIRA

Campaña para que dimita unha concelleira do PP de Ribeira por un comentario sobre persoas en cadeiras de rodas

Unha iniciativa en change.org pide a Esther Patiño que deixe o seu cargo como concelleira de servizos sociais, promoción social e igualdade. O BNG tamén esixe a súa dimisión.

Por Galicia Confidencial | Ribeira | 09/08/2018 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Esther Patiño Rey é terceira tenente alcalde e concelleira delegada de servizos sociais, promoción social e igualdade do Concello de Ribeira polo PP. Agora está no centro da polémica por un comentario nunha conversa en Facebook polo que lle piden a súa dimisión.

Comentario da concelleira de Ribeira Esther Patiño a unha fotografía publicada por un cidadán.
Comentario da concelleira de Ribeira Esther Patiño a unha fotografía publicada por un cidadán.

En concreto, un veciño queixábase polos problemas de accesibilidade na rúa Romeu Ortiz, acompañando a súa queixa por unha fotografía na que se ve unha persoa en cadeira de rodas circulando pola estrada ante a falla de beirarrúas nun tramo, ao que a concelleira respondeu: "Os das sillas de rodas sobralle por donde ir, sin ter que ser por esa calle [sic]".

Ao mesmo tempo, púxose en marcha na plataforma en liña change.org unha campaña para que Esther Patiño dimita pola "falta de empatía polas persoas con mobilidade reducida e veciños da cidade".

Pola súa banda, desde o executivo municipal xustificaron que a concelleira se refería a que existen alternativas para as persoas con mobilidade reducida mentres non se actúe nesa zona.

Temas: RIBEIRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta