#Afundación impulsa o debate sobre o sistema educativo integral

O ciclo "Educación século XXI" retomaranse en setembro con novos relatores e temas. Xuxo Ruiz Domínguez, profesor de primaria, e David Bueno i Torrens, doutor en Bioloxía e profesor na Universitat de Barcelona, son as primeiras citas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/08/2018 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O ciclo de conferencias «Educación século XXI», con novos relatores e temas, retómase para setembro. Así, Afundación, a Obra Social de ABANCA, consolida a súa aposta pola difusión de modelos formativos diversos, en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais. Afundación procura tamén ofrecer foros de intercambio de coñecemento que apelen ao conxunto da comunidade educativa, incluíndo tanto docentes, como nais e pais.

O alumnado traballando na aula
O alumnado traballando na aula

Nas pasadas edicións do ciclo celebráronse os relatorios de Javier Urra, César Bona, David Calle, Margarita Pino, Jorge Soto, José Torres, Anna Sans, Belén Colomina, Ángel Carracedo e Sergio Castro. En total, ao longo de 2018, case dúas mil persoas se achegaron ás diferentes sedes ou espazos de Afundación interesadas nestas conferencias en torno ás novas tendencias e retos do ensino e a aprendizaxe, a todos os niveis, hoxe en día.

"EDUCAICÓN SÉCULO XXI": NOVOS RELATORIOS

A primeira conferencia deste novo curso será a cargo de Xuxo Ruiz Domínguez, profesor de primaria do CEIP San Sebastián de Albaida del Aljarafe, de Sevilla, que, ademais, é un dos 50 candidatos preseleccionados para o Global Teacher Prize 2018, considerado como O premio Nobel do ensino. Na súa metodoloxía docente, a maxia e a ilusión son as súas principais ferramentas didácticas na aula, mediante as que potencia a capacidade de concentración, o comportamento e os resultados académicos das nenas e nenos. A súa conferencia terá lugar na Sede Afundación de Santiago de Compostela o 13 de setembro ás 20.00 h.

O seguinte relatorio correrá a cargo de David Bueno i Torrens, doutor en Bioloxía e profesor e investigador de Xenética na Universitat de Barcelona. A súa traxectoria profesional e académica está centrada na xenética do desenvolvemento e a neurociencia e a súa relación co comportamento humano. É autor de doce libros de divulgación, entre os que destacan, pola temática da conferencia, Educación para una cultura de paz. Una propuesta desde la pedagogía y la neurociencia, Cerebroflexia. El arte de construir el cerebro ou Neurociencia para educadores. En 2010 gañou o Premio Europeo de Divulgación Científica «Estudi General». As súas conferencias celebraranse na Sede Afundación de Ourense o 15 de novembro ás 20.00 h, e o 16 de novembro, á mesma hora, na Sede Afundación A Coruña.

O obxectivo no campo formativo de Afundación está definido pola vocación ao redor dunha educación comprometida mediante a defensa dun sólido sistema educativo integral. Partindo da importancia da escola como centro de aprendizaxe, estas propostas pretenden complementar o ensino académico, especialmente a instrución, presentando uns espazos e unhas actividades que mesturen o lúdico e o formativo. Deste xeito, a entidade comprométese coa tolerancia, co respecto, coa solidariedade e coa adquisición das ferramentas necesarias para perseverar a súa autonomía persoal.

As propostas da área Educativa de Afundación abarcan múltiples disciplinas e fomentan o desenvolvemento de competencias transversais. Así, o seu programa inclúe actividades culturais en artes escénicas e plásticas e de fomento da lectura; actividades interxeracionais que reforzan o respecto e o intercambio de coñecementos entre mocidade e xente maior; actividades de educación ambiental para abordar a importancia do respecto polo medio; actividades de novas tecnoloxías, necesarias para o emprego das ferramentas imprescindibles nunha contorna que innova de maneira permanente; e actividades de cociña que ensinan os beneficios dunha alimentación saudable.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Olmeca

Yo creo que la educación necesita un cambio, está estancada desde hace muchísimos años, pero claro, quién está preparado para decidir qué camino hay que tomar... https://culturaolmeca.pro/