Máis de 5.000 novos ultraportátiles para os colexios galegos do Proxecto Abalar E-Dixgal

Os equipos dispoñen dun procesador de última xeración de alto rendemento, que permitirá ao alumnado utilizar os programas, contidos dixitais e ferramentas máis avanzadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2018 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

A empresa viguesa Sivsa Solucións Informáticas entregou 5.400 novos ordenadores ultraportátiles cos que a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), dotará aos colexios galegos participantes durante o próximo curso escolar no proxecto Abalar E-Dixgal, cuxo obxectivo é facilitar o acceso ás novas tecnoloxías na aula.

Creando unha web mediante Wordpress usando un ordenador portátil
Creando unha web mediante Wordpress usando un ordenador portátil

A actuación forma parte do terceiro contrato derivado da adxudicación para a subministración e mantemento dos equipos outorgado a Sivsa en 2017, e asinado o pasado mes de xullo por un importe de 2.519.772 euros.

Con esta nova adxudicación, que contempla tamén o soporte técnico durante o próximos cinco anos, a solución ofrecida por Sivsa, un hardware HP deseñado e fabricado especificamente para o ámbito educativo, consolídase como "a mellor opción por segundo ano consecutivo para mellorar as competencias dixitais dos estudantes galegos", explicou a empresa a través dun comunicado.

Os equipos dispoñen dun procesador de última xeración de alto rendemento, que permitirá ao alumnado utilizar os programas, contidos dixitais e ferramentas máis avanzadas. Ademais, están dotados dunha pantalla táctil que permite que poidan ser utilizados como tablet e un lapis apuntador de gran utilidade na dinámica da educación con soporte dixital.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta