Dous mozos, rescatados da auga en Illa Pancha (Ribadeo) ao non ser capaces de regresar á beira

Foron os membros da Pesca II os que rescataron aos mozos e os trasladaron a terra en perfecto estado de saúde.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2018 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Dous mozos tiveron que ser rescatados na auga na zona de Illa Pancha, en Ribadeo, na provincia de Lugo, despois de lanzarse ao mar para nadar e non poder regresar á beira, ao redor do nove da noite deste martes.

Faro en Illa Pancha
Faro en Illa Pancha | Fonte: Chairego_apc wikimedia

Segundo informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia, foi un compañeiro dos dous mozos o que chamou para solicitar axuda. Enseguida, activouse o operativo de rescate no que participaron efectivos do Servizo de Gardacostas de Galicia, que acudiron ao lugar tras o aviso do 112 a bordo do helicóptero Pesca II.

Tamén colaboraron os voluntarios de Protección Civil de Ribadeo e os axentes da Policía Local. Finalmente, foron os membros da Pesca II os que rescataron aos mozos e os trasladaron a terra en perfecto estado de saúde, polo que se descartou a asistencia sanitaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta