A TVG ignora unha protesta con máis de 5.000 persoas na Costa da Morte

A TVG decidiu non emitir nin un segundo da importante manifestación que o pasado sábado percorreu Baio e que foi apoiada por 12 concellos e 22 asociacións.

Por Galicia Confidencial | Zas | 03/05/2011 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A Televisión de Galicia decidiu o pasado sábado non emitir nin un só segundo, nin nos informativos de Galicia, nin nas desconexións locais, sobre a protesta que congregou a máis de 5.000 persoas que demandan a instalación en Zas dunha planta da Inspección Técnica de Veículos (ITV) que a Xunta está retrasando.

A esta manifestación, apoiada por 12 concellos e 22 asociacións, tamén acudiron concelleiros do PP. Pero nin iso serviu para que os medios públicos se fixeran eco da noticia.  O voceiro da manifestación mesmo resaltou esta situación na lectura do comunicado que leu ó final da marcha, "unha televisión pública que pagamos todos e que nin se dignou a aparecer", sinalou.

O presentador e coñecido profesor na Facultade de Físicas, Jorge Mira, foi o encargado de ler o pregón dunha marcha que foi organizada pola Asociación do Automóbil de Baio e a Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte.  Foron eles quen instaron á Neria e á FECOM a levala ata o final.

None


Falta de respeto

Segundo apunta o xornal colaborador quepasanacosta, foi a propia Xunta, e concretamente o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, o causante de todo esta revolta. Unha situación que estoupou na última reunión cos 20 alcaldes e empresarios da comarca e na que o deputado ninguneo á expedición costeira. "Un trato que os nosos políticos, mesmo os de cor azul, consideraron unha falta de respeto á Costa da Morte", apunta Ubaldo Cerqueiro.

E como a manifestación ía máis aló das cores políticas, encabezaron a manifestación os alcaldes de Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Laxe, Malpica, Muxía, Zas e Santa Comba, a meirande parte deles do PSOE e do BNG. Tan só Carmen Borbujo, candidata en Vimianzo, acudiu polo bando popular.

Unha voz común

Unha vez máis, e logo da catástrofe do 'Prestige', a Costa da Morte uniuse cunha voz común. A foto de todos os alcalde unidos, e de que a protesta comezara en Vimianzo en rematara en Zas demostra que esta manifestación é un novo intento de vertebrar a Costa da Morte.

A frase máis coreada: “Estamos ata o carallo. A ITV para Baio”.


A Xunta volve culpar ao Concello


E mentres se celebraba a manifestación, a Xunta enviou unha nota de prensa na que volve incidir en que a é do Concello. A Xunta denuncia que “o polígono do Allo non está en condicións de ser urbanizado” e afirma que “a futura ITV que se ubicará en Zas será unha realidade cando estén rematadas todas as obras de acondicionamento do polígono municipal e que corresponden ao Concello”.

nha acusación que nega o alcalde de Zas que asegura que está listo para que a Xunta dea a aprobación definitiva, e sen necesidade de aportar fondos.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

12 Santiago

Pois ó presidente do comite da TVG, Santiago Alvite, non o queremos ver tampouco en Camariñas. Provocou que ningun dos seus veciños poida para que non poidan facer obras nas suas casas, todo por ter paralizada unha obra ilegal nunha casa de veraneo da súa familia. E vai nas listas do BNG nas Municipais de Compostela. Menudos elementos que compoñen as listas electorais

11 os de sempre

TX non significa telexornal,significa Television da Xunta.

10 tvg = clan tv

os equipos da tvg non puideron ir porque estaban moi ocupados cun despliegue de unidades móviles na festa da mortadela en santalla.

9 os de sempre

ja ja ja veña veña que van baixando máis as audiencias,a ver se pecha xa dunha vez a tvg,que están na uvi e non sei coma aguantan tanto.

1 audiencia

sinto dicir que as audiencias non van mal. O Telexornal mediodía nunca tanta audiencia tivo. Alguén verá a TVG... que Sofres non minte. Mal que lles pese a algúns, as cifras son as cifras...

8 man

a ver se protestan pola imparcialidade os traballadores da CRTVG con ese novo comité liderado pola CUT.

1 Rebeca

O problema e que ainda qe a CUT teña representacion seguen a ter gran pesencia sidicatos afins o Poder como a CIG do Golum (mi tesoro....), que ate o dia de hoxe non dixeron nin mú.